Axenda 2030: teoría e prácticas transformadoras na Universidade

Información do curso

Axenda 2030: teoría e prácticas transformadoras na Universidade


Tipo Curso de formación do PAS
Código 25-2021
Nome Axenda 2030: teoría e prácticas transformadoras na Universidade
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual (síncrona e asíncrona)
Horas 20
Descrición

A Axenda 2030 configurouse como o principal proxecto de transformación das nosas sociedades. Unha das súas principais características e a que a dota dun carácter rupturista co pasado e a súa integridade e transversalidade. A maior parte das institucións públicas e privadas teñen que levar a cabo accións que apunten nesa transformación, e á Universidade correspóndelle un papel esencial neste eído.

Pode consultar a convocatoria no seguinte enlace.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986818606
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 20/09/2021 11:00 - 15/10/2021 23:59
Período de docencia 01/11/2021 - 15/12/2021

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 5
Número máximo de participantes 200

Destinatarios/as

PAS e PDI da Universidade de Vigo.

Obxectivos

Pode consultar a convocatoria no seguinte enlace.

Calendario

- Acceso á plataforma de teledocencia (Faitic): 1 de novembro

- Remate do curso: 30 de novembro

- Lectura de textos, visionado de pílulas e vídeos, realización de actividades (participación en foros e realización de traballo), asistencia ás xornadas síncronas que terán lugar os seguintes días: venres 5 e 12 de novembro de 12:30 a 14:30 e 18 e 25 de novembro de 16:00 a 18:00.

- Módulo 1: do 1 ao 8 de novembro. (Sesión síncrona o venres 5 de 12:30 a 14:30)

- Módulo 2: do 9 ao 15 de novembro. (Sesión síncrona o venres 12 de 12:30 a 14:30)

- Módulo 3: do 16 ao 22 de novembro. (Sesión síncrona o xoves 18 de 16:00 a 18:00)

- Módulo 4: do 23 ao 23 de novembro. (Sesión síncrona o xoves 25 de 16:00 a 18:00)

Programa

- Módulo 1. 6 anos da Axenda 2030.

Traballarase o contido xeral da Axenda 2030 así como a súa recepción e as súas principais aplicacións ata a data, con especial énfase na estratexia de desenvolvemento sostible do noso pais.

- Módulo 2. Axenda 2030 e universidade.

Traballarase a aplicación específica da Axenda 2030 na universidade desde o punto de vista da política xeral universitaria. Presentaranse os 14 espazos de aplicación da A2030 na universidade: Gobernanza, Extensión, Investigación e Docencia.

- Módulo 3.

Prácticas transformadoras en Gobernanza y Extensión.

Traballarase sobre algunhas implementacións da Axenda 2030 en Gobernanza e Extensión para discutir sobre o alcance transformador neste eido.

- Módulo 4.

Prácticas transformadoras en Investigación e Docencia.

Traballarase sobre algunhas implementacións da Axenda 2030 en investigación e docencia para discutir sobre o alcance transformador nestes ámbitos.

 

 

Observacións

O prazo de inscrición rematará o 15 de outubro de 2021.

Profesorado

José Medina Mateos. Colectivo de creación política "La Mundial".

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos