Ideas para usar Moovie e facer vídeos curtos

Información do curso

Ideas para usar Moovie e facer vídeos curtos


Tipo Actividades recoñecidas coma formación permanente do profesorado
Código ARFP21ID
Nome Ideas para usar Moovie e facer vídeos curtos
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Mixta (Presencial e virtual)
Horas 20
Descrición

En moitas ocasións a plataforma  MOOVI dunha materia contén moita información. Neste caso é importante que a información estea estruturada de forma clara e sinxela. Isto facilita o acceso á información para o alumnado e axuda ao profesorado na estruturación.

Doutra banda, a realización de vídeos curtos para explicar determinados contidos, facilita a aprendizaxe por parte do alumnado e quita traballo repetitivo ao profesor/a, permitíndolle centrarse noutras tarefas. Estes vídeos permítennos reforzar algún contido e/ou explicar eses aspectos que xeran moitas dúbidas nos alumnos/as e unha elevada cantidade de consultas en titorías.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Esta actividade formativa está recoñecida coma formación permanente do profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2021.

Entidades organizadoras

 

 

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 02/08/2021 12:00 - 02/09/2021 23:59
Período de docencia 10/09/2021 - 17/09/2021

Prazas e créditos

Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado que participa no Grupo de Innovación Docente RED-IS (Rede Educativa Docente-Innovar en Sociedade)  da Universidade de Vigo.

Se quedan quedan prazas dispoñibles poderán participar outros profesores/as da Universidade de Vigo.

Obxectivos

  • Aprender técnicas para organizar a información en  MOOVI.
  • Aprender a facer vídeos curtos (da orde de 10 minutos) para explicar contidos puntuais utilizando ferramentas de gravación e edición básicas.

Calendario

A parte presencial desenvolverase os días 10 e 17 de setembro de 9.30 a 13.30 horas.

A parte non presencial abrangue 8 horas de traballo autónomo (exercicios) e 4 horas de titorías a través do Campus Remoto.

Programa

  1. Organizar a información en Moovi.
    - Modos de organización gráfica con " grid" e " tiles".
    - Ideas para publicar ficheiros, ligazóns de vídeo etc.
    - Crear índices dentro dos apartados de  Moovi.
  1. Realización de vídeos curtos.
    - Formulación didáctica do vídeo.
    - Tarefas previas para preparar o vídeo.
    - Ferramentas para gravar facilmente un vídeo breve (Windows, LOOM, OBS...).
    - Edición básica e sinxela dun vídeo.

Impartido en

A parte presencial desenvolverase no Campus de Vigo.
As titorías desenvolveranse a través do Campus remoto.

Profesorado

José Antonio Alonso Rodríguez

É profesor titular do Departamento de Deseño na Enxeñaría da Universidade de Vigo.  Coordina o Grupo de Innovación Docente ReD-IS (Red Educativa Docente Innovación en la Sociedad). Ten un Mestrado en Lingua e Comunicación nos Negocios. Ten experiencia traballando con metodoloxías de Aprendizaxe Baseada en Proxectos (PBL), Design Thinking e outras técnicas de innovación educativa.

 

José Luis González Cespón

É profesor titular do Departamento de Deseño na Enxeñaría da Universidade de Vigo.  Participa Grupo de Innovación Docente ReD-IS (Red Educativa Docente Innovación en la Sociedad). Ten experiencia traballando con metodoloxías de Aprendizaxe Baseada en Proxectos (PBL), Design Thinking e outras técnicas de innovación educativa.

Sistema de avaliación

Asistencia ao 80 % das sesións presenciais e a superación dos exercicios propostos.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos