Avanza co galego

Información do curso

Avanza co galego


Tipo Curso de idiomas
Código ANL44.072021
Nome Avanza co galego
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 40
Descrición

Curso dirixido a persoas que xa posúen un nivel medio ou medio-alto de galego e queiran mellorar a calidade lingüística e aumentar a súa competencia comunicativa en lingua galega.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 813 574
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 06/09/2021 09:00 - 24/09/2021 23:59
Período de docencia 04/10/2021 - 12/11/2021

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 30
Créditos ECTS 1.3

Destinatarios/as

Membros da comunidade universitaria.

Obxectivos

  • Ampliar o coñecemento da lingua galega nun sentido integral para empregalo na práctica comunicativa de maneira eficaz.
  • Depurar os erros lingüísticos máis frecuentes na lingua galega para mellorar a competencia comunicativa.
  • Empregar diferentes recursos lingüísticos que permitan unha mellora da práctica comunicativa.
  • Adquirir unha competencia comunicativa en lingua galega de maior calidade.

Criterios de selección

Por rigorosa orde de inscrición.

Calendario

É un curso virtual.

Programa

Tema 1. Dar instrucións 

Tema 2. Dar opinións 

Tema 3. Expresar problemas e queixas 

Tema 4. Recomendar. Expresar vantaxes e desvantaxes 

Tema 5. Dar consellos. Expresar síntomas 

Tema 6. Expresar accións en pasado 

Tema 7. Expresar accións futuras 

Modo de pagamento

De balde.

Impartido en

É un curso virtual.

Observacións

O curso estará recoñecido con 1,3 ECTS. O alumnado terá que validalo na secretaría da súa facultade.

Establécese un número mínimo de 15 persoas preinscritas no curso; de non se acadar ese número, o curso poderá anularse, e así se lles notificará ás persoas preinscritas. O número máximo de prazas é de 30.

Deberase acceder ao curso obrigatoriamente nos tres primeiros días.

Titulación

Todas as titulacións.

Profesorado

Paula Fernández Martínez

Sistema de avaliación

Para acadar o diploma, requírese realizar o 100 % das actividades e superar o 80 % delas, ademais da correspondente proba final.

Data da proba final en liña: 17 de novembro, de 17.00 a 17.45 h

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos