Elaboración de documentos accesibles para alumnado cego

Información do curso

Elaboración de documentos accesibles para alumnado cego


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPACC21
Nome Elaboración de documentos accesibles para alumnado cego
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual (síncrona e asíncrona)
Horas 5
Descrición

Esta formación breve proporciona os recursos básicos para crear documentos accesibles para o alumnado cego. Deste xeito, o profesorado poderá elaborar materiais docentes accesibles.

A formación estrutúrase en dúas fases:
1ª fase: Visualización de vídeos en Moovi sobre accesibilidade documental antes da impartición da sesión mediante videoconferencia.
2ª fase: Sesión de 2 horas mediante videoconferencia a través do Campus remoto, para a resolución de dúbidas tras a visualización dos vídeos, e calquera outra cuestión sobre accesibilidade documental para persoas con discapacidade visual que queiran formular as persoas participantes.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Elaboración de documentos accesibles para o alumnado cego insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2021.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente) e o GID GRETTEL.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 02/06/2021 12:00 - 09/06/2021 23:59
Período de docencia 14/06/2021 - 18/06/2021

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 5
Número máximo de participantes 25

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI con carga docente no POD no curso académico actual.

No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación vinculadas á Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Formar ao profesorado no uso de documentos accesibles a persoas cegas nas aulas.
  • Sensibilizar á comunidade educativa sobre as necesidades específicas do estudantado cego.

Criterios de selección

Por orde de inscrición.

Calendario

Traballo autónomo na plataforma Moovi: do 14 ao 20 de xuño.

Sesión síncrona no Campus Remoto: 17 de xuño de 16 a 18 horas.

Programa

1. Procesadores de texto:

  • Vista de documentos.
  • Tipos de letra e tamaños.
  • ingua dos documentos.
  • Táboas.
  • Texto alternativo en imaxes.
  • Uso de columnas.
  • Uso da tipografía negra, itálica e subliñado.
  • Uso de información baseada en cores.

2. Follas de cálculo:

  • Creación de cadros uniformes.
  • Distribución de datos nun libro.
  • Combinación de celas.
  • Creación dun índice.

3. Presentacións en PowerPoint:

  • Orde de lectura dun revisor de pantalla.
  • Texto alternativo en imaxes.

4. Arquivos pdf:

  • Como crear documentos pdf accesibles.
  • Conversión de texto a son.

Impartido en

Moovi e Campus remoto.

Titulación

O diploma poderá descargarse da plataforma Moovi e estará dispoñible nun prazo de 15 días desde a finalización da formación.

Profesorado

Pablo Vilariño Otero

É Enxeñeiro en informática de xestión pola UNED, realizou formación en técnicas especializadas en tiflotecnoloxía e braille para persoas con discapacidade visual e traballa como instrutor en tiflotecnoloxía e braille no Centro de Recursos Educativos da ONCE en Pontevedra desde 2016.

Sistema de avaliación

Visualización dos vídeos na plataforma Moovi, realización dunha tareafa e e asistencia á sesión síncrona no Campus remoto.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos