Formación en redes sociais para o persoal docente universitario

Información do curso

Formación en redes sociais para o persoal docente universitario


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPRRSS211
Nome Formación en redes sociais para o persoal docente universitario
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual síncrona
Horas 20
Descrición

Neste curso, de carácter eminentemente práctico, describiranse as ferramentas e as técnicas para crear unha estratexia de comunicación e unha identidade dixital nas redes sociais no ámbito da educación universitaria. Traballaranse as competencias para a difusión de información dixital con finalidade divulgativa e os aspectos particulares da comunicación en liña. Finalmente, describiranse os recursos  institucionais da Universidade de Vigo para a creación de contidos dixitais.

 

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2021 e ten como finalidade mellorar a competencia dixital no uso das redes sociais no ámbito da docencia universitaria.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente) e Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais.

 

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 10/05/2021 12:00 - 24/05/2021 23:59
Período de docencia 14/06/2021 - 01/07/2021

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 30

Destinatarios/as

Esta actividade destínase a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI con carga docente no POD do curso académico actual.

No caso de que quedasen prazas dispoñibles, poderán participar outras persoas interesadas na formación vinculadas á Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

Este curso ten como obxectivo mellorar a competencia dixital no uso das redes sociais no ámbito da docencia universitaria.

Criterios de selección

Por orde de inscrición.

Calendario

Desenvolverase os días 14, 16, 21, 23, 28, 30 de xuño de 11 a 14 horas e 1 de xullo de 12 a 14 horas.

Programa

  1. Introdución. Estratexia, identidade dixital e plan de comunicación:
    - Definición de estratexia de comunicación en redes.
    - Como crear a miña identidade dixital como PDI?
    - Creación de guías de redes sociais.
    - Marca persoal vs marca institucional.
    - Plan Social Media.

  2. Contidos e mensaxes. Construír a pegada dixital:
    - Adaptar os mensaxes.
    - Storytelling.
    - Tendencias.

  3. Xestión das redes sociais. como facelo?
    - Calendario editorial.
    - Trucos para o día a día.
    - Actitude e conduta.
    - A comunidade online.

  4. Ferramentas docentes abertas:
    - Características dos blogs.
    - Contidos para un blog.
    -  Redacción de artigos divulgativos.

  5. Redes sociais e ciencia:
    - Usos e aplicacións.
    - Dúbidas e reticencias.
    - Beneficios.

  6. Recursos UVigo para RRSS:
    - Manual de RRSS da Universidade de Vigo.
    - Recursos en liña para a creación de contidos.

Impartido en

Campus remoto.

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que obteñan a calificación de apto/a.

O diploma xenerarase electrónicamente nun prazo de 15 días despois de que remate a formación.

Profesorado

Sergio Fernández García
É licenciado en Xornalismo pola Facultade de Comunicación da Universidade de Sevilla, onde actualmente é community  manager e membro da dirección de comunicación en tarefas de divulgación científica, de redacción e de presentación do programa de TV Universitas. Foi redactor en ABC de Sevilla, en RNE de Andalucía e redactor de informativos de Canal Sur Televisión.

Mercè Guillén
É licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universitat Pompeu Fabra, Mercè Guillén conta con dous mestrados pola Universitat Oberta de Catalunya: un en medios sociais: xestión e estratexia e outro en xestión de proxectos multimedia. Actualmente é responsable da comunicación nas redes sociais e dos contidos dixitais da área de comunicación da UOC. Encárgase da estratexia e da planificación da comunicación institucional nas redes sociais e das campañas específicas de comunicación corporativa aliñadas coa estratexia institucional. Á súa vez, é responsable da xestión e do mantemento das contas institucionais da  UOC en Facebook, Twitter, Instagram e  Linkedin así como da definición e da implementación dos plans de contidos dixitais e RS dos estudos e dos centros de investigación.

Javi Polinario
É licenciado en Xornalismo e especializado en redes sociais e en contidos dixitais. É responsable da estratexia das redes sociais na Universitat Rovira i Virgili (a universidade pública de Tarragona), onde planifica e executa a estratexia de comunicación 2.0 e onde, durante algúns anos, elaborou contidos científicos como técnico da Unidade de Cultura Científica e da Innovación. Colaborou nun blog en ElHuffPost. Foi gañador dos IX Premios de Xornalismo Fundación  Grünenthal na categoría de prensa escrita pola reportaxe «Crecer con dolor» sobre a dor infantil publicada en HuffPost. É autor dos manuais «Como divulgar ciencia a través de las redes sociales» e «Cómo divulgar ciencia en vídeo, paso a paso».

Mónica Valderrama
É licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e licenciada e doutora en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo. Profesora do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade, ten experiencia profesional en diferentes medios de comunicación galegos. Pertence ao grupo de innovación docente ComTecArt e imparte diferentes materias de títulos vencellados á comunicación dixital e á produción publicitaria en medios audiovisuais. Desempeñou distintos cargos de xestión como vicedecana de Calidade da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, coordinadora do Grao de Comunicación Audiovisual e directora do Mestrado en dirección de arte publicitaria. Na actualidade é vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo.

Sistema de avaliación

Asistencia ao 80 % das sesións formativas.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos