Botiquín emocional para afrontar o curso dirixido a docentes universitarios/as

Información do curso

Botiquín emocional para afrontar o curso dirixido a docentes universitarios/as


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPBOTEM211
Nome Botiquín emocional para afrontar o curso dirixido a docentes universitarios/as
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual síncrona
Horas 8
Descrición

Trátase dun obradoiro teórico-práctico dirixido ao profesorado universitario que ten como obxectivo ofrecer pautas para afrontar as clases desde unha xestión emocional  motivadora e facilitadora para a creación dun ambiente favorecedor para a aprendizaxe. A partir do reto que nos brinda esta situación inusual de cambios, descubriremos como abordar o ensino desde outras perspectivas adaptadas ao ambiente emocional do alumnado e ao noso propio.

Ante esta situación, faise necesario dispoñer de ferramentas de xestión emocional persoais para afrontar os cambios e atopar a maneira de adaptar as nosas emocións a cada situación para que o noso labor como docentes sexa o máis eficaz posible en beneficio do funcionamento académico e do benestar do alumnado.

Este curso ofrece pautas de crecemento persoal para adecuar os nosos roles, as nosas crenzas e valores á nosa vida e ás tarefas que realizamos. O obradoiro pretende ser unha pausa para o  autocoidado e o crecemento persoal.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2021.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 19/04/2021 12:00 - 30/04/2021 23:59
Período de docencia 10/05/2021 - 13/05/2021

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 25

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI con carga docente no POD no curso académico actual.

No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación vinculadas á Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Aprenderemos a coñecernos e a aprender sobre como sentimos.
  • Afrontaremos a xestión do cambio.
  • Falaremos de comunicación asertiva e de como tranquilizar coa palabra.
  • Aprenderemos a tomar o pulso emocional á clase.

Criterios de selección

Por orde de inscrición.

Calendario

Desenvolverase os días 10, 11, 12 e 13 de maio de 16 a 18 horas.

Programa

Bloque 1. Xestión emocional e xestión do cambio:
-
Como sentimos?  Autocoñecemento. Como senten? Empatía.
- Como nos relacionamos ante o descoñecido?
- Somos flexibles?
- O medo ao cambio é o medo a perder algo. A autoconfianza.
- Pensamento lateral e a innovación no día a día.

Bloque 2.  Falar para tranquilizar:
- O que dicimos e o que interpretan as demais persoas. A comunicación efectiva.
- A comunicación non verbal. Que transmitimos na aula.
- Comunicación empática.
- Falar para tranquilizar: como me dirixo ao alumnado.

Bloque 3. Xestión da tensión:
- O noso botón vermello” e a falta de autocontrol.
- O esgotamento psicolóxico.
- Non estamos sós. A procura de apoios.
- A necesidade de gozar.

Bloque 4. Emocións na aula:
- Emocións adaptativas para a aprendizaxe.
- Emocións positivas para favorecer a motivación.
- O sentido do humor para  autorregularnos.

Impartido en

Campus remoto.

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que obteñan a calificación de apto/a.

O diploma poderá descargarse da plataforma Moovi e estará dispoñible nun prazo de 15 días despois da finalización da formación.

Profesorado

Gracia Vinagre Bonillo

Graduada en Psicología pola UNED. Mención clínica.
Licenciada en Comunicación Audiovisual. Universitat de València.
Psicóloga na Federación de Salud Mental de la CV. Proyecto Ama la vida en las Aulas.
Terapeuta en consulta privada en IVANN (Instituto de Neurociencias de Valencia).
Imparte cursos de regulación emocional e dinámicas sobre intelixencia emocional na aula en diferentes organizacións da comunidade educativa dirixidos ao profesorado e as familias.

Sistema de avaliación

Asistencia ao 80 % das sesións formativas.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos