Edición sinxela de vídeo, son e publicación e difusión web

Información do curso

Edición sinxela de vídeo, son e publicación e difusión web


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPP21VI6
Nome Edición sinxela de vídeo, son e publicación e difusión web
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual síncrona
Horas 20
Descrición

A actividade formativa busca proporcionar ao profesorado de técnicas de produción de vídeo a través do emprego de ferramentas libres e recursos de publicación web da Universidade de Vigo.

Nel aprenderanse parámetros básicos da imaxe e son dixital, edición e retoque de vídeo, transcodificación de vídeo e xeración de subtítulos. Os programas empregados serán o Shotcut, Audacity, OBS, Openboard, VLC, HandBrake, Aegysub e GDocs+Youtube.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2021.

 

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 30/04/2021 12:00 - 14/05/2021 23:59
Período de docencia 15/06/2021 - 29/06/2021

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 30

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI con carga docente no curso académico actual.

No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación vinculadas a Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

Proporcionar claves para a mellora da calidade técnica e artística das producións audiovisuais de carácter docente e divulgativo a través de técnicas relacionadas coa gravación e edición de vídeo e son; mediante o emprego de ferramentas libres e multiplataforma así coma dos recursos propios da Universidade de Vigo destinados á gravación, xestión e publicación web.

Criterios de selección

Por orde de inscrición.

Calendario

Desenvolverase os días 15, 17, 22, 24 e 29 de xuño  de 16 a 20  horas.

Programa

15/06/2021 de 16 a 20 horas:

  • Parámetros básicos da imaxe e son dixital. Dixitalización. Conversión. Compresión. Formatos.
  • Gravación con smartphone ou videocámara, accesorios recomendados. Gravación de son. Normas básicas de composición e recomendacións de iluminación.

17/06/2021 de 16 a 20 horas:

  • OBS. Captura de escritorio, webcam, micrófono e dispositivos externos de vídeo.
  • Composición de escenas e selección e configuración de fontes dixitais.
  • Ferramenta ‘Meus vídeos-CampusRemoto’. Autogravación, edición básica e publicación web.

22/06/2021 de 16 a 20 horas:

  • Shotcut. Programa de edición de vídeo.
  • Interfaz, creacións de proxectos e importación de materiais dixitais.
  • Liña de tempo. Ferramentas e operacións básicas.

24/06/2021 de 16 a 20 horas:

  • Shotcut. Programa de edición de vídeo.
  • Efectos: transformacións (2D e 3D), clave, rótulos e color. Cadros clave (keyframes), copiando-pegando efectos. Transicións de vídeo.
  • Son (mezcla de son, axuste de niveis e transicións de son, locución).
  • Exportando o meu vídeo.

29/06/2021 de 16 a 20 horas:

  • Audacity. Interfaz, creación de proxecto, gravación, retoque, edición de son, exportando son.
  • Bancos de recursos audiovisuais libres, en liña. Tipos de licencias.
  • HandBrake: transcodificación, queimando subtítulos no vídeo.
  • Aegysub: creación manual de subtítulos.

Impartido en

Campus remoto.

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que obteñan a calificación de apto/a.

O diploma poderá descargarse da plataforma Moovi e estará dispoñible nun prazo de 15 días desde a finalización da formación.

Profesorado

Luis Pena Morandeira

De formación publicista e comunicador audiovisual. Desenvolve a identidade corporativa e manual de aplicación de varias iniciativas empresariais. Leva a cabo dúas estadías de prácticas formando parte do equipo de realización dos programas  'Obxectivo Innovar' e 'Máxima Audiencia' producidas pola produtora viguesa Faro Comunicación e emitidos na canle TVG. Comeza a traballar primeiro en labouras de cámara e edición e, máis tarde, exercendo como realizador en diferentes programas de prime time, na canle rexional 'Canal Vía'. Dende xaneiro de 2007 ate outubro de 2011 asume o cargo de coordinador de videoconferencia en Universidade de Vigo. É coordinador de produción de UVigoTV e CampusdoMarTV dende xaneiro de 2007 ata a actualidade. Desde 2016 exerce como docente en diversos cursos relacionados coa produción de contidos audiovisuais orientados a docencia e divulgación.

Sistema de avaliación

Asistencia ao 80 % das sesións formativas.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos