A comunicación escrita en contornas virtuais

Información do curso

A comunicación escrita en contornas virtuais


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPCESC211
Nome A comunicación escrita en contornas virtuais
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual síncrona
Horas 10
Descrición

Esta formación busca analizar algúns dos factores que inciden na comunicación virtual como, por exemplo, favorecer o coñecemento do alumnado e fomentar a participación en clase. Abordaranse, de maneira específica, algúns temas relacionados coa comunicación escrita, como o uso da linguaxe positiva; como transmitir seguridade e motivar coas palabras; a elaboración de mensaxes claras e eficaces; a corrección na redacción; o uso adecuado do correo electrónico e, por último, a xestión do conflito a través da linguaxe.

 

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2021. A formación busca xerar confianza en entornos virtuais a través dunha comunicación escrita eficaz.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 03/05/2021 12:00 - 19/05/2021 23:59
Período de docencia 31/05/2021 - 03/06/2021

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 30

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI con carga docente no POD no curso académico actual.

No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación vinculadas á Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Coñecer os problemas que supón a comunicación no ensino virtual e as claves para solucionalos.
  • Xerar confianza no alumnado.
  • Utilizar o correo electrónico e as plataformas (Moovi, Campus remoto) como ferramentas de comunicación efectiva que sirvan para planificar consultas, organizar o tempo das respostas e manter unha relación próxima co estudantado.

Criterios de selección

Por orde de inscrición entre as persoas que cumpran os requerimentos para participar.

Calendario

Desenvolverase do 31 de maio ao 3 de xuño de 16 a 18.30 horas.

Programa

0. Introdución:
   - A comunicación eficaz no ensino non presencial.
   - Factores que inciden nesta comunicación. Obxectivos do  persoal docente.

1. Coñece ao estudantado e coida o ton (familiar, formal, agresivo, aburrido etc.):
   - Que sabes deles/elas?
   - Como podes potenciar a participación en clase?
   - A linguaxe positiva: como transmitir seguridade e motivar coas palabras.

2. Elabora mensaxes claras e eficaces:
   - Características.
   - Estrutura.
   - As emocións na linguaxe.      

3. Expresa as túas ideas con corrección. Breve repaso aos erros máis frecuentes nos diferentes niveis da linguaxe:
   - Puntuación.
   - Gramática e sintaxe.
   - Léxico.

4. O correo electrónico nesta modalidade: saber redactalo e saber utilizalo:
   - Problemas frecuentes: asunto vago ou pouco definido, comezar con escusas, falta de concreción e non saber "escoitar" á persoa emisora (non responder ao que se pregunta).
   -Algúns consellos para un uso eficaz: concretar a idea que se desexa transmitir, revisar e corrixir a redacción do texto, revisar a dirección e programar o envío para días e horarios laborais.

5. Xestión do conflito a través da linguaxe:
  - Cando abordar un conflito.
  - Frases asertivas.
  - Contexto emocional.

Impartido en

A través do Campus remoto.

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo.

O diploma poderá descargarse da plataforma Moovi e estará dispoñible nun prazo de 15 días desde a finalización da formación.

Profesorado

Inmaculada Anaya Revuelta

É profesora titular da Universidade de Vigo. Pertence ao Departamento de Lingua Española. Doctorouse en Filoloxía e obtivo o Premio Extraordinario de doutoramento da Universidade Complutense de Madrid. No ano 2004 é nomeada socia colaboradora do Círculo de Empresarios de Galicia onde desenvolve tarefas de formación e asesoramento lingüístico  a empresas e institucións. Tamén colabora en tarefas de formación co Instituto de Comunicación Empresarial (ICE) desde hai máis de 10 anos.

Impartiu máis de 50 cursos e seminarios sobre comunicación eficaz en consultarías, e centros de formación como GAMESA, Cadena Ser, P&A, Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos etc.

 

Belén Varela Romero

É asesora de empresas, formadora e relatora en diferentes países, con docencia e investigación na Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña (ERLAC).

Licenciouse en Dereito e estudou un posgrao en práctica xurídica e un mestrado en Recursos Humanos. A súa traxectoria directiva pasa pola dirección de Escurís ou Gestamp onde comeza a interesarse polo comportamento humano nas empresas e a partir do ano 2005 adéntrase na especialización na psicoloxía positiva aplicada ás organizacións.

Pertence á International Positive Psychology Association (IPPA) e foi presidenta da Asociación de Recursos Humanos (AEDIPE) en Galicia, entidade desde a cal impulsa o Movimiento de Felicidad en el Trabajo.Colabora en Onda Cero Radio e outros medios de comunicación. Jobcrafting (Urano, 2019) y La Rebelión de las Moscas (Ediciones B, 2012). 

Sistema de avaliación

Asistencia ao 80 % das sesións formativas e calificación de apto/a polo profesorado do curso.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos