Competencias emprendedoras para o profesorado (Campus de Vigo)

Información do curso

Competencias emprendedoras para o profesorado (Campus de Vigo)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPEMPRENDE211
Nome Competencias emprendedoras para o profesorado (Campus de Vigo)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 24
Descrición

Formación do profesorado da Universidade de Vigo con inquietude de promover a actitude emprendedora entre os estudantes universitari@s, con independencia de que estean ou non relacionados coas áreas temáticas docentes de xestión empresarial.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2021.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente), Área de Emprego e Área de Transferencia (Vicerreitoría de Extensión Universitaria).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 26/04/2021 12:00 - 21/05/2021 23:59
Período de docencia 25/05/2021 - 03/06/2021

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 30

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI con carga docente no POD no curso académico actual.

No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación vinculadas á Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Acompañar ao profesorado universitario para estimular a actitude emprendedora entre o estudando, promovendo  así a mellora das súas capacidades profesionais e con iso, a súa empregabilidade.
  • Implicar a profesionais e empresariado na transmisión das súas experiencias para facilitar a aprendizaxe das persoas participantes no curso.
  • Facilitar o intercambio de experiencias entre o profesorado implicado.
  • Dotar ao profesorado das ferramentas adecuadas para poder transferir os coñecementos adquiridos aos seus estudantes.
  • Mellorar a empregabilidade e a actitude do alumnado durante a súa traxectoria como estudantes e como plataforma de preparación para o mercado laboral
  • Cocrear unha Rede de docentes emprendedor@s co fin de xerar un ecosistema como escenario propicio, dentro da Universidade de Vigo, para actuacións futuras de maior calado.

Criterios de selección

Por orde de inscrición.

Calendario

Desenvolverase os días 25, 26, 27 maio, 1, 2 e 3 de xuño de 16 a 20 horas.

Programa

  1. Como atopar a motivación emprendedora e transmitila na aula? 
  2. Metodoloxía Apoena (aprender a escoitar para obter o mellor feedback).
  3. CanvasU: practicar a autoavaliación.
  4. Competencias Emprendedoras: os tres motores da motivación.
  5. Metodoloxía Effectuation: emprender cos recursos dispoñibles.
  6. Out of the Box: emprender é unha actitude.

Impartido en

Campus de Vigo. Aula Pensadoiro da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.

Observacións

En caso de que as condicións sanitarias non permitan realizar o curso presencialmente, levarase a cabo a través do Campus remoto.

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que obteñan a calificación de apto/a.

O diploma poderá descargarse da plataforma Moovi e estará dispoñible nun prazo de 15 días desde a finalización da formación.

Ademais, as persoas participantes obterán un certificado de pertenza á Rede de docentes emprendedor@s da Universidade de Vigo.

Sistema de avaliación

Asistencia ao 80 % das sesións formativas (8 das 10 sesións).

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos