As prácticas externas como elemento facilitador da inserción laboral universitaria (Modalidade virtual síncrona)

Información do curso

As prácticas externas como elemento facilitador da inserción laboral universitaria (Modalidade virtual síncrona)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPPRAC20
Nome As prácticas externas como elemento facilitador da inserción laboral universitaria (Modalidade virtual síncrona)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 8
Descrición

Pasaron unhas décadas desde a implantación do Plan Boloña, que presentaba como unha das súas características distintivas a maior importancia que se lle dá ao campo práctico dos estudos e ao desenvolvemento das habilidades que o estudantado debe adquirir para desenvolverse profesionalmente nas universidades. Despois de aumentar o número de prácticas, a Universidade de Vigo actualmente están concentrando os seus esforzos para mellorar a súa calidade e aumentar a súa internacionalización. E, sendo conscientes, que un dos alicerces esenciais para acadar estes obxectivos é o profesorado que coordina e titoriza as prácticas externas, xa sexan curriculares ou extraescolares, a Área de Emprego e Emprendemento (AEE) decidiu propoñer esta actividade formativa de carácter práctico.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso As prácticas externas como elemento facilitador da inserción laboral universitaria Creación de tratamento de imaxes e fotografías (Modalidade virtual) insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2020. A actividade formativa está organizada pola Área de Emprego e Emprendemento (AEE).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 18/09/2020 12:00 - 07/10/2020 23:59
Período de docencia 13/10/2020 - 22/10/2020

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 80

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.

Obxectivos

  • Mellorar a xestión das prácticas externas do alumnado da Universidade de Vigo.
  • Coñecer o funcionamento do mercado laboral transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal como contexto internacional no que desenvolver prácticas externas.
  • Coñecer as ferramentas de busca de emprego promovidas por EURES para a busca de emprego no mercado interior europeo e como aplicalas na euro-rexión Galicia-Norte de Portugal.

Calendario

Desenvolverase o 13, 15, 20 e 22 de outubro de 10 a 12 horas.

Programa

Módulo 1. As prácticas como elemento facilitador da inserción laboral das/os universitarias/os: regulación e xestión na Universidade de Vigo.

Módulo 2. A experiencia internacional, clave para a mellora da formación e da empregabilidade das/os universitarias/os.

Módulo 3. A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, unha oportunidade para as universitarias e universitarios da Universidade de Vigo. Fontes de información do seu entorno produtivo.

Obradoiro: Ferramentas para a mobilidade na euro rexión Galicia Norte de Portugal.

Impartido en

Modalidade virtual síncrona.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que superen a actividade formativa.

 

Profesorado

Mª Reyes Fernández González

Técnica Superior en Orientación Laboral da Área de Emprego da Universidade de Vigo (1998- actualidade).
Licenciada en Pedagogía.
Posgrao de Especialización en Orientación Laboral.
Profesora asociada na Universidade de Vigo especializada nos procesos de inserción laboral de distintos colectivos.

Tamén participarán:
Teresa González Ventín, Coordinadora, EURES Transfronterizo Galicia - Norte de Portugal.
Elisa González Pérez, Conselleiraera EURES en Vigo do Servizo Público de Emprego de Galicia.
Responsable da xestión das prácticas internacionais da ORI.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos