Deseño e creación de podcast educativos (Modalidade virtual asíncrona)

Información do curso

Deseño e creación de podcast educativos (Modalidade virtual asíncrona)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPPR20POD2
Nome Deseño e creación de podcast educativos (Modalidade virtual asíncrona)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 20
Descrición

Este curso está orientado a descubrir e comprender as potencialidades do Podcast como ferramenta educativa. Ao longo do curso os participantes aprenderán a facer un guión, gravar os «audios» e montar e editar o seu propio podcast para compartir en servizos de distribución de podcasts ou nas ferramentas de teledocencia (Moodle, blog...).

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Deseño e creación de podcast educativos insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2019. A actividade formativa está organizada pola Área de Formación e Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 16/09/2020 12:00 - 22/10/2020 23:59
Período de docencia 02/11/2020 - 30/11/2020

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 5
Número máximo de participantes 30

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI que teña carga docente.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.

Obxectivos

  • Coñecer as potencialidades dos podcast como ferramenta educativa.
  • Adquirir os coñecementos precisos para integrar con éxito as diversas tipoloxías de podcast na práctica docente tanto en modalidades de ensino presencial como virtuais e semipresenciais.
  • Deseñar, desenvolver e distribuir podcast empregando ferramentas e recursos accesibles tanto para o profesorado como para o alumnado.

Calendario

Do 2 ao 30 de novembro.

Programa

Módulo 1. Introdución
Unha aproximación ao concepto de podcast.
O emprego de podcast na academia. Da comunicación institucional á divulgación científica.
Os podcast como materiais para o ensino-aprendizaxe. Potencialidades.
Tipoloxías de podcast educativo.
Exemplos de podcasting no ensino universitario.

Módulo 2. Deseño de podcast educativo
Posibilidades de integración de podcast no deseño didáctico dunha materia.
Obxectivos.
Planificación.
Estrutura.
Guión. Escribir para escoitar.
Contidos.
Duración.

Módulo 3. Creación de podcast educativo
Ferramentas de gravación de audio.
Proceso de gravación.
Ferramentas de edición: Audacity, Garageband & Anchor.
Proceso de edición.

Módulo 4. Distribución
Repositorios de podcast.
Subir e distribuir podcast en ditas plataformas.
Integrar podcast en Moodle.

Impartido en

Modalidade virtual asíncrona.

Observacións

Acreditación:

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que superen o curso coa calificación de aptas.

O diploma enviarase asinado dixitalmente ao enderezo electrónico nun prazo de 15 días despois de que remate a formación.

Profesorado

Teresa Piñeiro Otero

Profesora contratada doutora na Universidade da Coruña. Imparte docencia relacionada co son nas materias «Ambientación sonora e musical» e desenvolve grande parte da súa actividade académica ligada aos estudios radiofónicos e uso de voz e música en cine, videoxogos e outras estruturas narrativas.

 

Luis Xabier Martínez Rolán

Profesor Axudante doutor na Universidade de Vigo, especializado en comunicación dixital. Ten un podcast en activo chamado «Zona Wifi: Fóra de cobertura».

 

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos