Edición sinxela de vídeo, son e publicación e difusión web (Modalidade virtual síncrona)

Información do curso

Edición sinxela de vídeo, son e publicación e difusión web (Modalidade virtual síncrona)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPP20VI5
Nome Edición sinxela de vídeo, son e publicación e difusión web (Modalidade virtual síncrona)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 20
Descrición

A actividade formativa busca fornecer ao profesorado de técnicas de produción de vídeo a través do emprego de ferramentas libres e recursos de publicación web da Universidade de Vigo.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 812 035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Edición sinxela de vídeo e son para a publicación e difusión web insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2020. A actividade formativa está organizada pola Área de Formación e Innovación Educativa (Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 14/09/2020 12:00 - 23/10/2020 23:59
Período de docencia 10/11/2020 - 24/11/2020

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 5
Número máximo de participantes 30

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.

Obxectivos

  • Poñer en práctica técnicas relacionadas coa edición de vídeo.

  • Realizar pezas audiovisuais para colgar na web.

Calendario

Desenvolverase os días 10, 12, 17, 19 e 24 de novembro de 16 a 20 horas.

 

Programa

1. Edición de vídeo:
- Recortar marxes do vídeo.
- Recortar escenas.
- Xuntar escenas.

2. Edición de son:
- Mesturar varias pistas de son.
- Cortar.
- Unir.

3. Difusión web:
- Recursos de publicación web de vídeos da Universidade de Vigo.
- Youtube.

Impartido en

Modalidade virtual síncrona.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que acaden a calificación de apto/a.

O diploma enviarase asinado dixitalmente ao enderezo electrónico nun prazo de 15 días despois de que remate a formación.

Profesorado

Luis Pena Morandeira

Licenciado en Comunicación Audiovisual e Publicidade e RR.PP. pola Universidade de Vigo. É responsable de produción en UVigo-TV. Ocúpase da dirección de persoal, da formación, xestión, compra, realización multicámara, edición, gravación ENG, PTZ e DSLR, son e produción de vídeo. Coordinou o servizo de videoconferencia da Universidade de Vigo, foi realizador para Canal Vía e operador de cámara.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos