Escribir en internet

Información do curso

Escribir en internet


Tipo Curso de idiomas
Código ANL00031
Nome Escribir en internet
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 30
Descrición

Curso destinado a persoas interesadas en mellorar a redacción de textos destinados á web.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 813 574
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 07/09/2020 09:00 - 25/09/2020 14:00
Período de docencia 03/11/2020 - 04/12/2020

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 30
Créditos ECTS 1

Destinatarios/as

Membros da comunidade universitaria.

Obxectivos

  1. Escribir documentos orientados para publicar na web.
  2. Reflexionar e traballar as características propias da elaboración dun texto destinado a ler en pantalla.
  3. Traballar as nocións de captar a atención de xeito rápido, manter unha correcta distribución, corrección e claridade.

      

Criterios de selección

Por rigorosa orde de inscrición.

Calendario

É un curso virtual.

Programa

 

PROGRAMA DO CURSO

 

Tema 1. A redacción web 

1  O feito de redactar

2  Quen o pode facer?

3  Para quen escribimos?

4  Que é a usabilidade?

    4.1  Jakob Nielsen

    4.2  Como lemos nunha pantalla?

    4.3  A pirámide invertida

    4.4  Algunhas recomendacións

    4.5  A lexibilidade

    4.6  Outros aspectos da lexibilidade

5  Que debe ter o noso texto?

    5.1  Claridade

    5.2  Corrección

    5.3  Concisión

    5.4  Contidos interesantes

    5.5  Creatividade

    5.6  Unha boa distribución

6  Escrita e buscadores

7  Escribir en redes sociais

    7.1  Escribir para Twitter

    7.2  Escribir para Facebook

Tema 2. Unha web lexible 

1  A lexibilidade na web

    1.1  A xerarquía

    1.2  Contraste

    1.3  Interliñado

    1.4  Espazo entre letras e tipografías

    1.5  Lonxitude da liña

    1.6  Uso ocasional da letra grosa

2  Unha web lexible

3  Como enfrontarnos ao texto web?

4  Simplificar o texto web

5  Coidar a lingua

6  Eliminar o superfluo

7  Visualizar o texto

Tema 3. Construír unha pirámide invertida 

1  Usar a pirámide invertida

    1.1  Niveis de utilización da pirámide invertida

2  Definición da pirámide invertida

    2.1  Elementos da pirámide invertida

3  Criterios de lonxitude dos textos

4  Estratificación da información

5  Pirámide invertida e modelos de titulación

    5.1  O segundo modelo de titulación

6  Fórmulas non axustadas ao formato de pirámide invertida

7  Escritura e optimización en motores de busca

8  Linguaxe metafórica?

Tema 4. Mellorar os nosos textos na web 

1  Palabras que non funcionan para iniciar títulos

    1.1  Comezos e finais

    1.2  Puntos e comas

    1.3  Atribucións e citas

2  Lonxitude, ideas e puntuación

    2.1  Frase curta si

    2.2  Frase longa non

3  Reducir a lonxitude

    3.1  Romper en anacos

    3.2  Desmontar as parentéticas

4  Romper a uniformidade

    4.1  Intertítulos

    4.2  Modelos de intertítulos

    4.3  Enumeración

    4.4  Construír enumeracións

    4.5  Cor para romper a uniformidade

    4.6  O enlace

    4.7  Parágrafos curtos

5  Contidos interesantes

6  Creatividade

7  Por que algúns textos non atraen?

8  É posible a creatividade sen lectura?

Tema 5. Enlaces e escrita na web 

1  De que están feitos os enlaces?

2  Claves de estilo para os teus enlaces

3  Non ás referencias hipertextuais

4  Ligazóns con medida

5  Ligazóns principais e secundarias

6  Utilizar ancoraxes significativas

7  Que palabras podemos utilizar para as ancoraxes?

8  Colocar os enlaces ao final

9  Utilizar ancoraxes textuais curtas

10  Remitir a páxinas internas, non a portadas

11  Especificar o formato do que enlazamos

Tema 6. Redacción web para buscadores 

1  Palabras clave

2  Deducir palabras

3  Aproveitando a redacción

4  Estilo directo

5  Mensaxe universalizada

6  Referencias temporais absolutas

7  Escrita estruturada

8  Palabras clave nos títulos

9  Grosas e palabras clave

10  Enlaces sobre palabras clave

11  Imaxes e texto

 

Tema 7. Recursos dixitais 

1  Correctores automáticos

    1.1  En procesadores de texto

           1.1.1  Como se usan?

    1.2  O menú contextual

    1.3  O cadro de diálogo

    1.4  En páxinas web

2  Dicionarios

    2.1  Dicionarios xerais

    2.2  Glosarios e outros recursos

3  Tradutores

    3.1  Calidade da tradución

    3.2  Tradutores para o galego

    3.3  Tradutor de Google

Modo de pagamento

De balde.

Impartido en

É un curso virtual.

Observacións

O curso estará recoñecido con 1 ECTS.

Establécese un número mínimo de 15 persoas preinscritas no curso; de non se acadar ese número, o curso poderá anularse, e así se lles notificará ás persoas preinscritas. O número máximo de prazas é de 30.

Deberase acceder ao curso obrigatoriamente nos tres primeiros días.

 

Titulación

Todas as titulacións.

Profesorado

Iolanda Gomis Parada (Tagen Ata)

Sistema de avaliación

É obrigatorio realizar o 100 % das actividades propostas polo profesorado e segundo as normas que este estableza, das cales cómpre superar o 80 %, ademais do sistema de avaliación establecido.

Data da proba final: 9 de decembro, de 17.00 a 17.45 horas.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos