Como redactar e expoñer o teu TFG ou TFM

Información do curso

Como redactar e expoñer o teu TFG ou TFM


Tipo Curso de idiomas
Código ANL00042
Nome Como redactar e expoñer o teu TFG ou TFM
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 25
Descrición

Facer un traballo de investigación solvente é fundamental, e saber comunicalo ten a mesma importancia. Así pois, é imprescindible redactar con corrección os traballos académicos e saber expresar as ideas para expoñer os resultados dun TFG ou TFM.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 813 574
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 07/09/2020 09:00 - 25/09/2020 14:00
Período de docencia 05/10/2020 - 06/11/2020

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 30
Créditos ECTS 0.8

Destinatarios/as

Membros da comunidade universitaria.

Obxectivos

1. Mellorar a calidade da lingua nos traballos de investigación.

2. Afondar nos parámetros de redacción académica e científica.

3. Coñecer a metodoloxía de traballo para preparar o discurso e a súa presentación en público.

4. Fomentar o uso do galego nos traballos de investigación.

Criterios de selección

Por rigorosa orde de preinscrición.

Calendario

É un curso virtual, pero haberá clases telepresenciais todas as semanas.

 

   

Programa

Módulo 1. Deseño e redacción do traballo de investigación (15 horas)

1. A comunicación escrita

2. A redacción

3. Elementos especiais no texto

4. A revisión do traballo científico

5. Referencias bibliográficas

Módulo 2. Presentar e expoñer de maneira eficaz diante do tribunal (10 horas)

1. Como preparar unha presentación

2. Partes da presentación

3. A posta en escena

 

Modo de pagamento

De balde.

Impartido en

É un curso virtual.

Observacións

O curso estará recoñecido con 0,8 créditos ECTS.

Establécese un número mínimo de 15 persoas preinscritas no curso; de non se acadar ese número, o curso poderá anularse, e así se lles notificará ás persoas preinscritas. O número máximo de prazas é de 30.

Deberase acceder ao curso obrigatoriamente nos tres primeiros días.

 

Titulación

Todas as titulacións.

Profesorado

Concha Diéguez Diéguez (Reverso)

Sistema de avaliación

Para obter o diploma correspondente, é obrigatorio realizar o 100 % das actividades propostas polo profesorado e segundo as normas que este estableza, das cales cómpre superar o 80 %, ademais da proba de avaliación final.

 

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos