Aulas virtuais en Moodle para uso docente-Nivel 2 (Modalidade virtual)

Información do curso

Aulas virtuais en Moodle para uso docente-Nivel 2 (Modalidade virtual)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPAL202
Nome Aulas virtuais en Moodle para uso docente-Nivel 2 (Modalidade virtual)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Mixta (Presencial e virtual)
Horas 12
Descrición

O uso das aulas virtuales constitúe un importante recurso de apoio á docencia presencial, semipresencial ou en liña, sendo o espazo a través do que o profesorado deseña a súa docencia, facilita materiais e actividades aos seus alumnos, ademais de comunicarse e realizar avaliacións. Este MOOC aborda cuestións básicas sobre a configuración e xestión dun aula virtual para uso docente.

Pola súa condición de software libre, Moodle está en constante actualización. Neste curso traballaremos coa versión máis moderna disponible na Universidade, que é a 3.8 en Campus Remoto pero todo o aprendido é de aplicación á versión 3.5 de Faitic. Para participar neste curso non se requiren coñecementos previos, xa que se trata dun curso que empeza cos coñecementos básicos sobre Moodle e que che permitirá ir avanzando a conceptos máis avanzados para lograr configurar un aula virtual con fins docentes, colgar ou enlazar contidos, configurar actividades e corrixilas, ou xestionar a comunicación cos alumnos/as.

En varios niveis de intensificación incrementais, o alumnado aprenderá neste curso a deseñar, planificar e xestionar un curso na plataforma Moodle, adquirindo incluso no nivel básico, os coñecementos suficientes para a utilización da plataforma Moodle para apoiar o seu labor docente tanto presencial como en liña.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso A aula virtual en Moodle para o seu uso docente-Nivel 2 insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2020. A actividade formativa está organizada pola Área de Formación e Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 20/07/2020 12:00 - 24/07/2020 23:59
Período de docencia 27/07/2020 - 05/10/2020

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 25
Número máximo de participantes 200

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI que teña carga docente.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.

Obxectivos

  • Coñecer os aspectos claves no deseño e creación dun curso en Moodle.
  • Coñecer a distintos niveis, ata dominar, as ferramentas de creación de contido máis utilizadas en Moodle.
  • Coñecer a distintos niveis, ata dominar, os distintos tipos de actividades máis utilizadas en Moodle.
  • Aprender a avaliar mediante Moodle e empregar axeitadamente o libro de cualificacións.
  • Conseguir que o alumnado leve un seguimiento do seu progreso.
  • Aprender a crear exames de distinto tipo mediante Moodle.
  • Aprender a importar e exportar contidos e distintos tipos de datos en Moodle.

Calendario

Do 27 de xullo ao 5 de outubro.

  • Do 27 de xullo ao 7 de agosto: Haberá 2 horas de titoría cada semana que se avisarán con antelación.

  • Do 24 de agosto ao 14 de setembro: Haberá 2 horas de titoría cada semana que se avisarán con antelación. 

  • Do 14 de setembro ao 5 de outubro: Haberá 2 horas de titoría cada semana que se avisarán con antelación.

Programa

  • Nivel 1 (Básico): Primeiros pasos. Introducción aos recursos e actividades en Moodle. Emprego dos grupos. O libro de cualificacións: Categorías e elementos. Copia, exportación e importación de cursos. Repositorio arquivos. O editor HTML.

  • Nivel 2 (Intermedio): Crear cursos e matricular alumnos/as. Completado de actividades. Restriccións. Configuración dos foros. Configuración das tarefas. Emprego avanzado de cuestionarios: o banco de preguntas, creación de preguntas de opción múltiple, configuración da proba e creación do cuestionario.

  • Nivel 3 (Avanzado): Traballando con foros. Avaliando tarefas. Configuración de obradoiros. Avaliando obradoiros. Outros tipos de preguntas para cuestionarios. Análise de resultados de cuestionarios. Introdución á creación de recursos H5P en Moodle. Outros recursos: cartafol, libro, lección, Scorm, wiki. Empregando actividades para crear distintos tipos de enquisas.

Impartido en

En modalidade virtual (asíncrona e síncrona a través da aula virtual).

Observacións

Acreditación da superación do curso:

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que obteñan a calificación de apto/a.

Profesorado

Carlos López Ardao.

Profesor do Departamento de Enxeñaría Telemática.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos