Iniciación a GNU Octave (Modalidade virtual asíncrona)
Información do curso
Iniciación a GNU Octave (Modalidade virtual asíncrona)
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPOCT21 | ||||
Nome | Iniciación a GNU Octave (Modalidade virtual asíncrona) |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 20 | ||||
Descrición | GNU Octave e un software liberado baixo unha licenza libre. Considérase unha alternativa real ás distintas solucións privativas utilizadas na realización de estudos de cálculo numérico. O curso vai dende a instalación de Octave, ata o manexo de datos, creación de gráficos, ou a instalación de librerías e complementos. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 812 035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
O curso Iniciación a GNU Octave insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2020. O curso está xestionado pola Oficina de Software Libre.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 23/06/2020 12:00 - 31/07/2020 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 14/09/2020 - 16/10/2020 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 0 |
---|---|
Número máximo de participantes | 5 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI que teña carga docente.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.
Obxectivos
- Manexar datos.
- Xerar gráficos.
- Elaborar scripts.
- Ser quen de facer operacións con cartafoles.
- Instalar complementos.
Calendario
Do 14 de setembro ao 16 de outubro.
Programa
Tema 1: Comezando con GNU Octave:
Introdución.
Que é GNU Octave?
Instalación.
Tema 2: Operacións básicas:
Tipos de datos.
Variables.
Estrutura de datos (matrices e vectores).
Tema 3. Programación:
Condicións, bifurcacións e bucles.
Funcións e scripts.
Tema 4: Gráficos:
2D.
3D.
Tema 5. Complementos e librarías.
Tema 6. GNU Octave avanzado.
Impartido en
Modalidade virtual.
Observacións
Acreditación da asistencia:
A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que superen a actividade formativa.
Cada un dos temas consta dunha parte teórica, onde se detallan os procedementos para traballar coas diferentes opcións de Octave. Ao final de cada tema hai unha proba de autoavaliación. E ao final do curso existe unha proba final. A plataforma mide o tempo de conexión de cada participante, criterio que será tido en conta á hora da avaliación final:
Participación (10 horas de conexión como mínimo): 10%.
Probas de autoavaliación por tema: 50%.
Proba final: 40 %.
Profesorado
Miguel Ángel Rodríguez Muíños
Técnico Informático da Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia.
É formador con ampla experiencia en software científico e de análise de datos. É membro fundador da Comunidade R-Hispano (Asociación de usuarios/as de R de España)e
das Xornadas de Usuarios de R en Galicia; e administra R-Help-es (listaxe de correo de R en castelán).
Tamén coordina o Proxecto EpiLinux (distribución científica de Linux) e do Proxecto BioStatFLOSS (recompilación de software libre de uso bioestatístico).