Publicacións dixitais profesionais: deseño, autoedición, maquetación e diagramación con Scribus (Modalidade virtual)

Información do curso

Publicacións dixitais profesionais: deseño, autoedición, maquetación e diagramación con Scribus (Modalidade virtual)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPSCR20VIR
Nome Publicacións dixitais profesionais: deseño, autoedición, maquetación e diagramación con Scribus (Modalidade virtual)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 20
Descrición

O profesorado a miúdo tense que enfrontar a situacións onde precisa un nivel de deseño e maquetación máis avanzado. Por exemplo, para elaborar materiais didácticos, libros, publicacións ou  posters para enviar a congresos... O programa Scribus é a solución en software libre que aporta gran flexibilidade no deseño. Nesta actividade formativa atoparás materiais, vídeos e exercicios para aprender e comezar a dominar a maquetación.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Publicacións dixitais profesionais: deseño, autoedición, maquetación e diagramación con Scribus insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2020. O curso está xestionado pola Oficina de Software Libre.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 23/06/2020 12:00 - 31/07/2020 23:59
Período de docencia 14/09/2020 - 16/09/2020

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 5

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI que teña carga docente.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.

Obxectivos

-Dar a coñecer as prestacións do software Scribus para a  autoedición e maquetación
-Enumerar distintos tipos de software DTP (Publicación de escritorio e autoedición)
-Manexar a contorna do Scribus
-Aplicar coñecementos de maquetación avanzada
-Exportar traballos en distintos formatos

Calendario

Do 14 de setembro ao 16 de outubro.

Programa

1. Introdución a curso
   - Software Libre e software non libre
   - Cultura Libre e Creative Commons
   - Obter recursos libres
   - Formatos estándares
   - Software DTP
       Software comercial privativo vs Scribus
       Obtención e descarga

 2. Introdución a Scribus (4 horas)
     - Espazo de traballo
     - Configurar un novo documento
     - Ferramentas de texto
     - Inserción básica de imaxes
     - Inserción de texto doutros documentos
     - Estilos de parágrafos
     - Xestión de ficheiros e do proxectos
     - Inserción de novas páxinas
     - Configuración básica da contorna
     - Menús contextuais
    - Panel de propiedadesd
        X,Y,Z
        Forma
        Texto
        Imaxe
        Liñas
        Cores
    - Control do fluxo de textos
    - Historial de accións
    - Traballo con capas
    - Formas xeométricas

3. Maquetación avanzada (14 horas)
    - Esquema
    - Aliñar e distribuír
    - Ordenado de páxinas
    - Medidas
    - Álbum de recortes
    - Formas complexas
       Traballo con polígonos
       Conversión a cadros de texto
    - Guías e táboas de maquetación
    - Editor interno e estilos
    - Modelos de traballo
    - Xestión da cor
       Degradados
       Novas cores
       Cores de/para imprenta
       Importar cores e paletas de cores
    - Creación de índices
    - Configuración avanzada
    - Formularios

 4. Finalización e entrega (1 hora)
    - Recolección para a saída
    - Exportación a PDF
    - Exportación a formatos de imaxe
    - Exportación a outros formatos
    - Opcións avanzadas de impresión

 

Impartido en

Modalidade virtual. O curso desenvolverase na plataforma do CIXUG: https://www.cursos.cixug.es.

Observacións

ACREDITACIÓN DA ACTIVIDADE

A realización desta actividade formativa será acreditada pola Oficina de Software Libre e a Universidade de Vigo a todas as persoas que aproben as diferentes actividades de avaliación:

Cada un dos temas consta dunha parte teórica, onde se detallan os procedementos para traballar coas diferentes opcións de Scribus. Ao final de cada tema hai unha proba de autoavaliación.

A plataforma mide o tempo de conexión de cada participante, criterio que será tido en conta.
-Participación (10 horas de conexión como mínimo) .
-Avaliación continua, mediante realización de exercicios, consultas nos foros, ...
-Posibilidade dunha proba final.

Profesorado

Óscar Fernández Carballo

Enxeñeiro Informático con ampla experiencia como relator e docente TIC a todos os niveis educativos. Creatividade, entusiasmo, entrega, planificación e unha correcta preparación didáctica son a base dos eventos impartidos.

Experiencia na coordinación de grupos, eventos e proxectos. Elaboración e direcciónde  multitude de cursos, relatoiros e obradoiros (ofimática, deseño gráfico, robótica, programación...…).

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos