Wordpress autoxestionado. Controla a túa web con este CMS desde a súa instalación ata ao seu mantemento (Modalidade virtual)

Información do curso

Wordpress autoxestionado. Controla a túa web con este CMS desde a súa instalación ata ao seu mantemento (Modalidade virtual)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPWORD201VIR
Nome Wordpress autoxestionado. Controla a túa web con este CMS desde a súa instalación ata ao seu mantemento (Modalidade virtual)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 20
Descrición

O curso busca que o profesorado poida xerar e modificar os contidos en blogs e webs, identificando  as necesidades de comunicación e a personalizando os contidos e deseño.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Creación, xestión e mantemento de páxinas web con Wordpress no teu espazo web da @uvigo insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2020. A actividade formativa está organizada pola Área de Formación e Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 15/05/2020 12:00 - 12/06/2020 23:59
Período de docencia 01/07/2020 - 31/07/2020

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI que teña carga docente.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.

Obxectivos

  • Comprender a linguaxe HTML para a creación e modificación de contidos en blogs e webs.
  • Capacidade para instalar e manter o CMS WordPress.
  • Identificar temas e complementos de WordPress en webs externas para o seu emprego nunha web persoal.
  • Identificación de necesidades de comunicación en WordPress e a súa solución.
  • Personalización de contidos e deseño dunha web con WordPress empregando compositores visuais que non requiren programación.

Calendario

Do 1 ao 31 de xullo.

Programa

  • Introducción. Que é WordPress. diferentes versións. Cal escollo?

  • Instalación de WordPress:
    • Instalación local.
    • Instalación en hosting gratuíto.
    • Instalación en espazo web UVigo.

  • Configuración WordPress:
    • Axustes xerais.
    • Usuariado e roles.

  • Contidos en WordPress:
    • Páxinas.
    • Entradas e comentarios.
    • Biblioteca de medios.
    • Menús.

  • Funcionalidades en WordPress:
    • Instalación de plugins.
    • Shortcodes.
    • Como escoller un plugin.

  • Personalización en WordPress (I):
    • Selección e instalación de templates.
    • Personalización de templates.

  • Personalización en WordPress (II):
    • Maquetadores visuais. Gutemberg
    • Maquetación web sinxela con Gutemberg.
    • Maquetadores visuais. Elementor.

  • Algunhas funcionalidades útiles para a docencia (estes contidos prepáranse en función do que precisen os/as participantes, todos os cursos teñen inquedanzas diferentes. En función da necesidade do grupo, propoño solucións para as súas webs aquí).

  • Optimización de WordPress:
    • Axustes de seguridade.
    • Axustes de SEO.
    • Axustes de Analítica Web.
    • Axustes de velocidade.

Impartido en

A través de FaiTIC.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que obteñan a calificación de apto/a.

 

Observacións:

É imprescindible que os/as asistentes ao curso teñan unha conta de correo do tipo "nome@uvigo.es" e que soliciten ao saum@uvigo.es a alta do espazo web asociado e a correspondente base de datos para poder hospedar a instalación do WordPress.

Profesorado

Luis Xabier Martínez Rolán

Profesor do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade, con ampla experiencia no desenvolvemento e mantemento de webs baseadas en Wordpress. Actualmente imparte un Módulo de Wordpress  no Mestrado de Marketing Digital da USC (2015 – actualidade) e impartiu dous cursos de Introdución de Wordpress (20h) entre o profesorado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación no Campus de Pontevedra (2016 e 2017).

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos