Prevención de riscos laborais para persoal docente

Información do curso

Prevención de riscos laborais para persoal docente


Tipo Actividade de formación
Código SPRLAUV2000201
Nome Prevención de riscos laborais para persoal docente
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 4
Descrición

Actividade de formación en materia de prevención de riscos laborais para o persoal docente.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 81 40 88
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Universidade de Vigo

Servizo de Prevención Alleo NORPREVENCIÓN 

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 20/05/2020 09:00 - 01/06/2020 23:59
Período de docencia 04/06/2020 - 18/06/2020

Prazas e créditos

Número máximo de participantes 100

Destinatarios/as

Persoal docente da Universidade de Vigo.

Obxectivos

O obxectivo desta actividade de formación é proporcionar, ao persoal docente, formación básica en materia de prevención de riscos laborais para que realice as súas tarefas baixo unhas condicións de seguridade que impidan a aparición de accidentes de traballo ou enfermidades profesionais.

Criterios de selección

No caso de que as solicitudes de matrícula superen o límite de prazas, adxudicaranse por orde de inscrición.

Coas persoas solicitantes non admitidas configurarase unha lista de agarda con matrícula preferente en próximas edicións do curso.

Calendario

Inicio: 4 de xuño ás 10.00 h.

Fin: 18 de xuño ás 10.00 h.

Programa

INTRODUCIÓN

  1. O traballo e a saúde
  2. A prevención de riscos laborais
  3. Técnicas preventivas
  4. Rango a respectar na toma de medidas preventivas
  5. Risco laboral grave ou inminente.
  6. Obrigas e dereitos do traballador

POSTO DE TRABALLO

  1. Riscos e medidas preventivas xerais
  2. Estrés (atención a alumnos, organización do traballo, etc.)
  3. Disfonía e hábitos saudables no uso da voz

DESPRAZAMENTOS EXTERIORES

POSTURAS DE TRABALLO

INSTALACIÓNS, MÁQUINAS E EQUIPOS DE TRABALLO

  1. Instalación eléctrica
  2. Máquinas e ferramentas

PANTALLAS DE VISUALIZACIÓN DE DATOS

MEDIDAS DE EMERXENCIA

  1. Coñecementos xerais
  2. Regras básicas para a evacuación de instalacións fixas

EQUIPOS DE EXTINCIÓN DE INCENDIOS

  1. Clases de lume e axentes extintores
  2. Instalacións de detección, alarma e extinción de incendios
  3. Utilización dos extintores

Observacións

O 4 de xuño recibirá no seu enderezo electrónico(*) a seguinte documentación: manual de formación e test de avaliación.

ATENCIÓN: Deberá respostar a este correo electrónico confirmando a recepción da documentación, enchendo a tal efecto, un cadro cos seus datos: nome, DNI, centro, categoría.

O prazo máximo para entregar o test cuberto será o 18 de xuño ás 10.00 h. Deberá envialo ao Servizo de Prevención de Riscos Laborais: sprl.administracion@uvigo.es.

(*) Comprobe se ten actualizado o seu enderezo electrónico en Bubela.

Profesorado

Técnicos/as de Ibersys Seguridad y Salud SL. (NORPREVENCIÓN) avaliarán os tests e superada a proba expedirán o correspondente certificado de formación. Facilitarase un medio de contacto para consultar calquera dúbida sobre o temario.

Sistema de avaliación

Cuestionario tipo test.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos