Oratoria e comunicación para docentes (Campus de Vigo)

Información do curso

Oratoria e comunicación para docentes (Campus de Vigo)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPP20VI-Adiado
Nome Oratoria e comunicación para docentes (Campus de Vigo)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 24
Descrición

A competencia comunicativa é fundamental no desenvolvemento do labor docente. Toda persoa que comunica ben ten que acadar a captación da atención do alumnado e motivalo. Para iso terá que dominar diferentes técnicas relacionadas coa elaboración do contido que se quere transmitir, ter en conta os elementos que entran en xogo na comunicación (código verbal e non verbal) e desenvolver unha actitude empática para que a mensaxe chegue coa máxima eficacia á persoa receptora.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 812 035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Oratoria e comunicación para docentes insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2020. A actividade formativa está organizada pola Área de Formación e Innovación Educativa.

A actividade formativa desenvolverase mediante unha metodoloxía eminentemente práctica onde se asimilarán as técnicas necesarias para unha comunicación eficaz. Realizaranse exercicios de control do medo escénico, do dominio do espacio, improvisación, autocontrol das emocións e do ego previos á posta en práctica das técnicas de comunicación verbal, non verbal e empatía imprescindibles para un labor profesional eficiente.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 24/01/2020 12:00 - 28/02/2020 23:59
Período de docencia 18/11/2021 - 28/11/2021

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI que teña carga docente.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.

Obxectivos

  • Descubrir os elementos más importantes da comunicación.
  • Elaborar mensaxes con maior poder de motivación.
  • Ser quen de valorar a calidade de diferentes comunicacións.
  • Perfeccionar a empatía.

Calendario

Desenvolverase os días 18, 25 de marzo, 1, 15, 22 e 28 de abril de 16 a 20 horas.

Programa

Bloque A: A mensaxe (6 horas):
A preparación da mensaxe. Que debemos dicir.

Bloque B: O comunicador/a (6 horas):
Como expoñer a mensaxe a través do dominio do corpo (mirada e xestos) e do dominio da voz (dicción, vocalización, interpretación, improvisación...).

Bloque C: A empatía (12 horas):
Como lograr que a mensaxe chegue coa máxima eficacia ao receptor/a mediante técnicas de PNL, intelixencia emocional, control das emocións e do ego.

Impartido en

Campus de Vigo.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan ao 80% das sesións presenciais.

Profesorado

Daniel Formoso Vérez

Avogado en exercicio con despachos profesionais en Vigo e Lugo. Mestrado en Perfeccionamento en Habilidades Profesionais e da Avogacía polo ISDE (Instituto Superior de Dereito e Economía) de Madrid. Especialista en Oratoria e Comunicación con PNL e Intelixencia Emocional pola Escola Europea de Oratoria. Profesor de cursos de oratoria e comunicación en diversos colexios de avogados/as e universidades, empresarios/as e diferentes profesionais.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos