Aplicacións Educativas da Web 2.0 (Campus de Ourense)

Información do curso

Aplicacións Educativas da Web 2.0 (Campus de Ourense)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPP1702
Nome Aplicacións Educativas da Web 2.0 (Campus de Ourense)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 20
Descrición Na actualidade a Web está sufrindo unha profunda transformación. Existen cada vez máis ferramentas que permiten crear contidos de xeito sinxelo e compartilos con outros usuarios da rede (blogger, wikispaces, slideshare, del.icio.us, bloglines, flickr,... ). A nova Web 2.0 supón unha nova formar de deseñar, usar e pensar en Internet. Os usuarios pasan de ser consumidores de información a participar activamente na construción de contidos. Estes cambios tamén se están reflectindo no mundo educativo, onde estas ferramentas se están a utilizar cada vez máis. Dous exemplos significativos son os blogs e os wikis, aplicacións que se poden integrar nas actividades docentes e que facilitan a aprendizaxe colaborativa.
Información de contacto:  
 · Teléfono 986813596
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso “Aplicacións Educativas da Web 2.0” insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2008. As devanditas accións formativas están organizadas pola Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa e a súa Área de Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 18/12/2007 12:00 - 11/01/2008 12:00
Período de docencia 14/01/2008 - 25/01/2008

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

O presente curso está destinado a todos os profesores e profesoras da Universidade de Vigo.

Obxectivos

  •   Coñecer as características e posibilidades da nova Web 2.0
  •   Revisar exemplos de aplicacións e ferramentas de interese
  •   Analizar as utilidades educativas destas ferramentas
  •   Aprender a crear blogs e wikis

Criterios de selección

Ofértanse 20 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición.

Calendario

O curso celebrarase os días:

14, 15, 16, 17, 18, 21, 22, 23, 24 e 25 de Xaneiro de 16:00 a 18:00

Programa

  1. Fundamentos da Web 2.0
    • 1.1   Evolución da Web
    • 1.2   Que é a Web 2.0?
    • 1.3   Características da web 2.0
    • 1.4   E-learning 2.0
    • 1.5   Ferramentas colaborativas: software social
    • 1.6   Aplicacións dispoñibles
  2. Exemplos de Aplicacións
    • 2.1   Presentacións (Slideshare)
    • 2.2   Marcadores sociais (blinklist, del.icio.us, …)
    • 2.3   Sindicación de contidos (RSS) e agregadores de contidos (Bloglines)
    • 2.4   Compartir/recuperar imaxes (Flickr CC)
    • 2.5   Compartir vídeos (Youtube)
  3. Fundamentos dos Blogs
    • 3.1   Concepto de Blog
    • 3.2   Características
    • 3.3   Elementos dun Blog
    • 3.4   Creación dun Blog
  4. Edublogs
    • 4.1   Definición de Edublog. Vantaxes
    • 4.2   Usos didácticos dos Blogs
    • 4.3   Tipos de Edublogs
  5. Creación dun blog en Blogger
    • 5.1   Creación dunha conta
    • 5.2   Configuración inicial
    • 5.3   Creación de entradas
    • 5.4   Administrar entradas
    • 5.5   Enlaces no blog (blogrolls, listaxes de enlaces, …)
    • 5.6   Xestión de etiquetas
    • 5.7   Moderar comentarios
    • 5.8   Personalizar o diseño do blog
    • 5.9   Cambiar a configuración do blog
    • 5.10   Como incluir contidos multimedia:
      1. Presentacións (slideshare)
      2. Fotografías (flickr, picasa, …)
      3. Videos (YouTube, …)
      4. Animación Flash
    • 5.11   Sindicación do blog
    • 5.12   Outros complementos
  6. Wikis
    • 6.1   Concepto de wiki
    • 6.2   Creación colaborativa de contidos
    • 6.3   Características e compoñentes dun Wiki
    • 6.4   Usos didácticos
    • 6.5   Aplicacións para crear wikis
  7. Creación dun WIKI en TEMA (Claroline)
    • 7.1   Crear un novo wiki
    • 7.2   Como crear y editar novas páxinas
    • 7.3   Cambios recentes
    • 7.4   Historial dunha páxina
    • 7.5   Sintaxe wiki
    • 7.6   Utilidades docentes dun wiki (batería de preguntas, FAQ, …)
  8. Creación dun WIKI en Wikispaces
    • 8.1   Rexistro e creación do primeiro wiki
    • 8.2   Tipos de wikis en wikispaces: públicos, protexidos e privados (e para docentes)
    • 8.3   Configuración inicial (xestión do espazo, de usuarios, …)
    • 8.4   Creación de páxinas
    • 8.5   Historial de cambios. Reverter páxinas (volver ás versións anteriores)
    • 8.6   Inserción de imaxes
    • 8.7   Inserción de arquivos (doc, pdf, …)
    • 8.8   Enlaces e tipos de enlaces
    • 8.9   Menú de navegación
    • 8.10   Inserción de elementos multimedia
    • 8.11   Administración do wiki (listaxe de páxinas, estatísticas, copia de seguridade, …)
    • 8.12   Wikitext

Impartido en

Aula de Informática da Biblioteca Central de Ourense

Campus de Ourense

Observacións

CERTIFICADO DE ASISTENCIA:

A asistencia ao curso será certificada pola Universidade de Vigo a todos aqueles inscritos que asistan alomenos ao 80% das horas presenciais.

Profesorado

PEDRO CUESTA MORALES

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos