Formador/a de alumnado mentor no MEET-UVigo (Campus de Vigo)

Información do curso

Formador/a de alumnado mentor no MEET-UVigo (Campus de Vigo)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPMEET19
Nome Formador/a de alumnado mentor no MEET-UVigo (Campus de Vigo)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 40
Descrición

O MEET-UVigo é un Plan de Acción Titorial baseado na mentoría, onde alumnado de 4º  curso mentoriza a alumnado de 1º. Esta labor faina despois de recibir unha formación de 70 horas sobre competencias transversais (interpersoais, intrapersoais, comunicación, xestión do tempo e métodos de estudo).  Os módulos do curso son impartidos por profesorado voluntario.

Esta formación ten como obxectivo formar ao PDI que se quere incorporar ao grupo de formadores/as de mentores e mentoras.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 812 035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso de Formador/a de alumnado mentor no MEET-UVigo insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2019. A actividade formativa está organizada pola Área de Formación e Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 07/10/2019 12:00 - 29/10/2019 23:59
Período de docencia 05/11/2019 - 06/02/2020

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 5
Número máximo de participantes 25

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao persoal docente e investigador da Universidade de Vigo que se queira incorporar ao grupo de profesores e profesoras que forman ao alumnado mentor do MEET-UVigo. No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.

Obxectivos

  • Comprender o programa MEET-UVigo.
  • Deseñar actividades para fomentar a reflexión.
  • Aplicar coñecementos relacionados coas competencias que necesita o alumnado mentor para a súa formación.

Calendario

Desenvolverase os días 5, 21, 26 de novembro; 5, 12, 17 de decembro; 16, 23, 30 de xaneiro e 6 de febreiro de 16.30 a 20.30 horas.

Programa

  • Intelixencia emocional.
  • Motivación.
  • Traballo en equipo.
  • Comunicación.
  • Xestión do tempo.
  • Autocoñecemento.
  • Xestión emocional.
  • Mentoría.

Impartido en

Campus de Vigo. Aula pensadoiro da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan ao 75% do curso.

Profesorado

Ana Belén Sanjuán Núñez
É licenciada en Psicopedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela, MBA pola Universidade da Coruña e Programa de Desenvolvemento Directivo pola Escuela de Negocios Novacaixagalicia.  Está certificada en Coaching sistémico por equipos por ICF (International Coach Federation)  e é Coach senior pola AECOP (Asociación Española de Coaching Executivo-Organizativo e Mentoring).
Ao longo da súa traxectoria profesional sempre estivo vinculada aos departamentos de RRHH e o desenvolvemento de persoas en diferentes compañías de ámbito nacional e internacional. Participou coa Fundación Barrié, na coordinación de Mentores Barrié (a rede de mentoring da Fundación Barrié) e en CompeteXGalicia, un programa de desenvolvemento de competencias para a empregabilidade das persoas tituladas.
Na actualidade colabora con diferentes empresas e organizacións en proxectos de coaching, mentoring e desenvolvemento directivo.

María Belén Varela Romero
Avogada e especialista na dirección de persoas. A súa traxectoria directiva inclúe multinacionais do sector servizos, alimentación e automoción. Formou parte dos comités de relacións laborais de ANFACO e CEAGA e é presidenta de AEDIPE (Asociación Española de Dirección e Desenvolvemento de Persoas) en Galicia.
Nos últimos anos dedicouse ao estudo do comportamento humano nas organizacións e a explorar o campo das fortalezas humanas e o benestar subxectivo. É autora de La rebelión de las moscas. Reflexiones, principios y pautas para una organización optimista.
Na actualidade é profesora en varias escolas de negocios e imparte cursos e conferencias sobre a xestión do optimismo, liderado e fortalezas para a felicidade.

Teresa Molezún Mosquera
Licenciada en Psicoloxía Social e do Traballo Pola Universidade de Santiago de Compostela, Mestrado en RRHH por ICADE e Coach senior certificada por Aecop.
Na actualidade é profesora en varias escolas de negocios e imparte cursos e conferencias sobre a xestión do optimismo, liderado e fortalezas para a felicidade.

Israel Villar
Licenciado en Psicoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, MBA pola Escola de Negocios Caixanova e cursou o Programa superior de coaching e desenvolvemento directivo.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos