Atopa o teu curso

Información do congreso

Lingua e violencia: mediacións literarias na era do Antropoceno


Tipo Evento
Código INV00201
Nome Lingua e violencia: mediacións literarias na era do Antropoceno
  Lembre que para acceder ou inscribirse nos congresos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade presencial
Descrición

O congreso internacional «Lingua e violencia: mediacións literarias na era do Antropoceno» quere explorar o xeito no que a violencia parece impregnar o discurso literario contemporáneo. A destrución do medio ambiente, a crueldade animal, a brutalidade social e de xénero, entre outras, son algunhas das manifestacións máis escuras da violencia humana. Este congreso busca identificar os códigos discursivos que perpetúan a violencia a través de nocións como as de subalternidade, opresión, poder hexemónico e loita de clases.

A urxencia de analizar como a lingua actúa para construír o mundo motiva este encontro, en que se considerará a maneira na que sentimos e pensamos sobre nós mesmos e sobre outros seres, sexan humanos ou non-humanos. Dicotomías como, por exemplo, entre centro vs. periferia, poder vs. resistencia, global vs. local, poden atoparse entre os temas que autoras e autores contemporáneos exploran nas súas ficcións culturais do Antropoceno –un termo que marca un punto de inflexión dado o incrible impacto do ser humano no ecosistema–. As diferentes manifestacións relacionadas coa violencia no discurso literario amosan os cambios sociais das últimas décadas e axudan a reconsiderar as ligazóns existentes entre a literatura e os asuntos públicos.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812030
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

UNIVERSIDADE DE VIGO

Carmen Luna Sellés

María Alonso Alonso

Gabriela Rivera Rodríguez

Sofía Malvido Cordeiro

Andrea Fidalgo Giráldez

 

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Manuela Palacios González

Arancha Rodríguez Fernández

Jorge Rodríguez Durán

Información sobre o calendario (datas)

Período de inscrición 01/10/2019 00:00 - 01/12/2019 00:00
Período de docencia 16/01/2020 - 17/01/2020

Modo de pagamento

Conference Fees: 20 euros

Impartido en

Facultade de Filoloxía e Tradución

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos