Xestión electrónica de exames escritos (Campus de Vigo)

Información do curso

Xestión electrónica de exames escritos (Campus de Vigo)


Tipo Actividades recoñecidas coma formación permanente do profesorado
Código PFPPEX19VI
Nome Xestión electrónica de exames escritos (Campus de Vigo)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 9
Descrición

Os sistemas de xestión da aprendizaxe permiten realizar e corrixir exames de preguntas obxectivas. Estas preguntas son pechadas e posúen diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). O presente curso céntrase nunha ferramenta (BeA) que proporciona soporte TIC á xestión deste tipo de exames que se desenvolven con papel e bolígrafo e que inclúe a inscrición, ubicación do alumnado nas aulas, correción, revisión e comunicación co estudantado de forma electrónica. Esta aplicación axiliza o proceso de probas masivas.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 812 035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Xestión electrónica de exames escritos insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2019. A actividade formativa está oorganizada pola Área de Formación e Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 09/09/2019 12:00 - 30/09/2019 23:59
Período de docencia 06/11/2019 - 13/11/2019

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terán preferencia o PDI imparta docencia no Programa de Maiores e o persoal investigador intersado na temática do curso.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.

Obxectivos

  • Distingue entre diferentes formas de avaliación.
  • Utilizar a plataforma BeA para:
  • Editar, inscribir e ubicar o alumnado nos exames escritos.
  • Corrixir en liña os exames escritos.
  • Revisar en liña os exames escritos.
  • Comprobar que o alumnado pode ver os seus exames e as correspndentes correcións.
  • Revisar en liña os exames escritos.

Calendario

Os días 6, 7 e 13 de novembro de 16 a 19 horas.

Programa

1.   Introdución á xestión electrónica de exames escritos ou blended e-assesment (BeA).
2.   Ciclo de vida dun exame.
3.   Corrección manual.
4.   Plataforma para a xestión electrónica de exames escritos.
5.   Exames escritos a través de blended e-assessment (BeA).
6.   Conversión de exames escritos a electrónicos.
7.   Comunicación co alumnado.
8.   Corrección de exames con BeA.
9.   Revisión de exames con BeA.
10. Arquivo de exames con BeA.

 

Impartido en

Campus de Vigo. Sala III do edificio Miralles.

Observacións

ACREDITACIÓN DA ASISTENCIA:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan a todas as sesións presenciais.

Profesorado

Martín Llamas Nistal

É docente do Departamento de Enxeñaría Telemática da Universidade de Vigo. A súa liña de investigación é a aplicación de tecnoloxías telemáticas á aprendizaxe.

Manuel Caeiro Rodríguez

É docente do Departamento de Enxeñaría Telemática da Universidade de Vigo.

Fernando A. Mikic Fonte

É docente do Departamento de Enxeñaría Telemática da Universidade de Vigo.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos