Creación de infografías e deseños vectoriais (modalidade virtual)

Información do curso

Creación de infografías e deseños vectoriais (modalidade virtual)


Tipo Curso de formación do PDI
Código ARCIXUG19
Nome Creación de infografías e deseños vectoriais (modalidade virtual)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 20
Descrición

O curso Creación de infografías e deseños vectoriais é unha actividade formativa que é recoñecida polas Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado coma Formación Permanente do PDI. O curso está xestionado pola Oficina de Software Libre (CIXUG).

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

A infografía é unha forma de representar información de forma visual, na que, a combinación de imaxes, diagramas e texto, resumen ou explican figurativamente ideas e conceptos.
No curso atoparanse apuntes, vídeos e exercicios para aprender e comezar a dominar a infografía.Durante o curso utilizarase Inkscape, unha aplicación multiplataforma de código aberto liberada baixo a licenza GNU GPL. Esta aplicación encontrase dispoñible e de balde para ser descargada na seguinte URL: https://inkscape.org/es/descargas/

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 31/07/2019 12:00 - 08/09/2019 23:59
Período de docencia 18/09/2019 - 18/10/2019

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 5

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.

Obxectivos

  • Comprender os principais sistemas e modelos que fundamentan os sistemas dixitais de creación de gráficos dixitais.
  • Afondar na capacitación no uso de ferramentas dixitais para a creación de imaxes vectoriais.
  • Ser quen de personalizar as contornas de traballo da edición vectorial, así como as súas ferramentas e as opcións.
  • Localizar e obter imaxes de forma ética e legal para complementar as composicións gráficas desexadas.
  • Distinguir entre diferentes tipos de imaxes e saber o seu uso máis adecuado.
  • Crear ou modificar calquera tipo de composición visual, para combinala en calquera proxecto.
  • Dominar os conceptos básicos da cor, composición e escena, para a creación de infografías e composicións complexas.
    Mellorar a calidade de calquera traballo dixital (presentacións, memorias, páxinas web...).

Calendario

 Do 18 de setembro ao 18 de outubro de 2019.

Programa

  1. Introdución (2 horas):
    -Software gráfico libre e non libre.
    -Obtención e instalación.
    -Tipos de imaxes e usos.
    -Interface gráfica de Inkscape.
    -Obtención de recursos gráficos legais.

  2. Deseño vectorial básico (6 horas):
    -Manexo básico de obxectos.
    -Formas, propiedades e transformacións.
    -Orden Z e capas.
    -Textos e caligrafía.
    -Recheos, gradientes e trazos.
    -Copiar, duplicar e clonar.

  3. Nodos e trazos (6 horas):
    -Transformacións a trazos.
    -Operacións booleanas.
    -Manexo de nodos.
    -Simplificación.
    -Vectorización.

  4. Infografías (3 horas):
    -Significado e busca de información.
    -Composición e proporción estética.Trucos e consellos para un ilustrador/a.
    -Exemplos e traballos completos.

  5. Efectos e filtros adicionais (3 horas):
    -Filtros.
    -Extensións.
    -Pixart.
    -Interpolacións.
    -Máis efectos artísticos.

Impartido en

Modalidade virtual. O curso desenvolverase na plataforma do CIXUG: https://www.cursos.cixug.es.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que superen as actividades do curso.

Cada un dos temas consta dunha parte teórica, onde se detallan os procedementos para traballar coas diferentes opcións de Inkscape. Ao final de cada tema hai unha proba de autoavaliación.

A plataforma mide o tempo de conexión de cada participante, criterio que será tido en conta.

Participación (10 horas de conexión como mínimo).
Avaliación continua, a través da realización de exercicios, consulta nos foros...
Posibilidade dunha proba final.

Profesorado

Óscar Fernández Carballo

Enxeñeiro Informático con ampla experiencia como relator e docente TIC a todos os niveis educativos. Creatividade, entusiasmo, entrega, planificación e unha correcta preparación didáctica son a base dos eventos impartidos.

Experiencia na coordinación de grupos, eventos e proxectos. Elaboración e direcciónde  multitude de cursos, relatoiros e obradoiros (ofimática, deseño gráfico, robótica, programación...…).


Antonio Queimaño (titor)

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos