Curso de reciclaxe en lingua galega

Información do curso

Curso de reciclaxe en lingua galega


Tipo Curso de idiomas
Código ANL00023
Nome Curso de reciclaxe en lingua galega
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 40
Descrición

Curso destinado a persoas interesadas en repasar e actualizar os seus coñecementos lingüísticos.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 813 574
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 02/09/2019 09:00 - 20/09/2019 14:00
Período de docencia 04/11/2019 - 05/12/2019

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 30
Créditos ECTS 1.3

Destinatarios/as

Membros da comunidade universitaria.

Obxectivos

1. Repasar a ortografía da lingua galega para mellorar o seu manexo.

2. Coñecer a distinta tipoloxía de documentos existente.

Criterios de selección

Por rigorosa orde de inscrición.

As prazas xa están cubertas.

Calendario

É un curso virtual.

Programa

  1. Breve repaso pola historia da estandarización da lingua galega (4 horas)
    • Breve historia da estandarización da lingua galega
    • As modificacións na normativa de 2003
    • A coherencia nas escollas normativas
  2. Actualización ortográfica (9 horas)
    • A acentuación
    • Casos dubidosos de <b> e <v>, <h>, <x>, <s>, <m>, <n> e <ñ>
    • Casos dubidosos de unión e de separación de palabras
  3. Actualización morfosintáctica (9 horas)
    • O artigo e o demostrativo
    • O posesivo
    • Os relativos, interrogativos e exclamativos
    • Os numerais
    • Casos dubidosos de xénero e de número
    • O pronome persoal e a súa colocación
  4. Actualización léxica e terminolóxica (9 horas)
    • Características do léxico formal
    • Interferencias e calcos doutras linguas
    • Tecnicismos e latinismos
    • Vulgarismos. Eufemismos
    • Locucións e fraseoloxía formal
  5. Redacción e estilo (9 horas)
    • A linguaxe non-sexista
    • A puntuación
    • O xerundio, os anafóricos, o dativo pleonástico e o complemento directo de persoa
    • Uso das maiúsculas e das minúsculas
    • Outros elementos: os números e as abreviacións

 

 

Modo de pagamento

De balde.

Impartido en

É un curso virtual.

Observacións

O curso estará recoñecido con 1,3 créditos ECTS.

Establécese un número mínimo de 15 persoas preinscritas no curso; de non se acadar ese número, o curso poderá anularse, e así se lles notificará ás persoas preinscritas. O número máximo de prazas é de 30.

Deberase acceder ao curso obrigatoriamente nos tres primeiros días.

Titulación

Todas as titulacións.

Sistema de avaliación

Para acadar o diploma, requírese realizar o 100 % das actividades e superar o 80 % delas, ademais da correspondente proba final.

Data da proba final en liña: 11 de decembro, de 17.00 a 17.45 h

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos