Atopa o teu curso

Información do curso

Curso de linguaxe administrativa e xurídica


Tipo Curso de idiomas
Código ANL00030
Nome Curso de linguaxe administrativa e xurídica
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade virtual
Horas 40
Descrición

Este curso quere achegar os recursos suficientes para poder redactar e corrixir textos vinculados co dereito e coa administración cun nivel de calidade que se corresponda co uso propio da lingua galega en ámbitos administrativos e xurídicos.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 813 574
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 02/09/2019 09:00 - 20/09/2019 14:00
Período de docencia 08/10/2019 - 08/11/2019

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 30
Créditos ECTS 1.3

Destinatarios/as

Membros da comunidade universitaria.

Obxectivos

  1. Achegar os recursos suficientes para redactar e corrixir textos vinculados co dereito e coa administración cun alto nivel de calidade.
  2. Analizar os trazos máis significativos da linguaxe administrativa e xurídica e as principais dificultades que atopa no seu desenvolvemento.
  3. Conseguir un modelo de lingua de calidade, que corrixa as inercias e as dependencias do castelán.
  4. Analizar os erros máis frecuentes que se cometen na redacción de textos xurídicos e administrativos desde o punto de vista gramatical.
  1. Coñecer as claves para elaborar documentos eficaces e saber aplicar as convencións na estrutura de documentos.

Criterios de selección

Por rigorosa orde de inscrición.

As prazas están cubertas.

Calendario

É un curso virtual.

Programa

  1. Claves para a redacción (3 horas)
  2. O léxico xurídico e administrativo (4 horas)
  3. Os castelanismos (3 horas)
  4. A lingua e as súas estruturas (3 horas)
  5. O verbo (4 horas)
  6. Modernizar a escrita (3 horas)
  7. Signos gráficos e puntuación (3 horas)
  8. Abreviacións (3 horas)
  9. Maiúsculas e minúsculas (4 horas)
  10. Recursos tipográficos (4 horas)
  11. Linguaxe non-sexista (3 horas)
  12. Renovar a linguaxe xurídica (3 horas)

 

 

Modo de pagamento

De balde

Impartido en

É un curso virtual.

Observacións

O curso estará recoñecido con 1,3 créditos ECTS.

Establécese un número mínimo de 15 persoas preinscritas no curso; de non se acadar ese número, o curso poderá anularse, e así se lles notificará ás persoas preinscritas. O número máximo de prazas é de 30.

Deberase acceder ao curso obrigatoriamente nos tres primeiros días.

Titulación

Todas as titulacións.

Sistema de avaliación

Para acadar o diploma, requírese realizar o 100 % das actividades e superar o 80 % delas, ademais da correspondente proba final.

Data da proba final en liña: 12 de novembro, de 17.00 a 17.45 h

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos