A revolución da lonxevidade: tendencias, retos e oportunidades (Campus de Ourense)

Información do curso

A revolución da lonxevidade: tendencias, retos e oportunidades (Campus de Ourense)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPM19OU
Nome A revolución da lonxevidade: tendencias, retos e oportunidades (Campus de Ourense)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Mixta (Presencial e virtual)
Horas 30
Descrición

A actividade formativa analizará as repercusións na Universidade do fenómeno coñecido como "Revolución da lonxevidade".

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 812 035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso A revolución da lonxevidade: tendencias, retos e oportunidades insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2019. A actividade formativa está coorganizada  pola Vicerreitoría de Responsabilidades Social, Internacionalización e Cooperación e pola Área de Formación e Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 26/07/2019 12:00 - 28/08/2019 23:59
Período de docencia 04/09/2019 - 20/09/2019

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 5
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terán preferencia o PDI imparta docencia no Programa de Maiores e o persoal investigador intersado na temática do curso.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.

Obxectivos

  • Identificar los conceptos en positivo asociados a la longevidad y envejecimiento.
  • Deseñar proxectos que entendan o fenómeno "Revolución da lonxevidade".
  • Romper cos estereotipos negativos asociados á idade.
  • Incorporar unha linguaxe coherente coa imaxe social actual do colectivo.

Calendario

Parte presencial:
O 4 de setembro de 10 a 14 horas.

Parte non presencial:
Do 5 ao 20 de setembro.

Programa

1. O fenómeno da revolución da lonxevidade:
   - Entendendo o contexto sociodemográfico.
   - O modelo de envellecemento activo.
   - A silver economy ou economía plateada.

2. O perfil das persoas +60 no noso país:
   - A imaxe social das persoas maiores.
   - Heteroxeneidade versus homoxeneidade.
   - Novos roles, demandas e intereses.

3. O concepto de "longlife learning" e o papel da universidade sénior:
   - Estado da arte.
   - Boas prácticas.
   - Retos e oportunidades.

4. As principais liñas de traballo no marco do financiamento europeo.

5. Dinámica participativa sobre os retos e oportunidades.

Impartido en

Campus de Ourense.  Aula 0.0 do edificio dde Ferro.

Observacións

ACREDITACIÓN DA ASISTENCIA:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan á sesión presencial e obteñan a cualificación de aptitude na parte non presencial.

Profesorado

Noelia López Vázquez

É Licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo e a Universität Hildesheim. Posúe un Mestrado en Dirección Comercial e Marketing por ESIC Business School, Mestrado en Responsabilidade Social Empresarial pola USC e Mestrado en Atención Integral Centrada na Persoa pola Universidade de Deusto. Participa no Programa de Emprendemento Social Momentum Project de ESADE e é Coach Internacional por ICC (International Coaching Community) e ten unha longa experiencia laboral nas áreas de desenvolvemento de negocio, marketing estratéxico, deseño de produto e consultoría de proxectos.

Sara Marsillas

É Doutora en Psicoloxía por USC. O seu proxecto de tese consistiu no desenvolvemento dunha ferramenta de medición validada do envellecemento activo desde o punto de vista individual. Neste período desaenvolveu e participou en diferentes proxectos relacionados co envellecemento activo como o uso das novas tecnoloxías por parte de persoas maiores, a monitorización do comportamento das persoas maiores que viven soas ou a avaliación de programas piloto de teleasistencia.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos