A revolución da lonxevidade: tendencias, retos e oportunidades (Campus de Vigo)
Información do curso
A revolución da lonxevidade: tendencias, retos e oportunidades (Campus de Vigo)
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPM19VI | ||||
Nome | A revolución da lonxevidade: tendencias, retos e oportunidades (Campus de Vigo) |
|
|||
Modalidade | Mixta (Presencial e virtual) | ||||
Horas | 30 | ||||
Descrición | A actividade formativa analizará as repercusións na Universidade do fenómeno coñecido como "Revolución da lonxevidade". |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 812 035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
O curso A revolución da lonxevidade: tendencias, retos e oportunidades insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2019. A actividade formativa está coorganizada pola Vicerreitoría de Responsabilidades Social, Internacionalización e Cooperación e pola Área de Formación e Innovación Educativa.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 26/07/2019 12:00 - 28/08/2019 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 04/09/2019 - 20/09/2019 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 5 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terán preferencia o PDI imparta docencia no Programa de Maiores e o persoal investigador intersado na temática do curso.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.
Obxectivos
- Identificar los conceptos en positivo asociados a la longevidad y envejecimiento.
- Deseñar proxectos que entendan o fenómeno "Revolución da lonxevidade".
- Romper cos estereotipos negativos asociados á idade.
- Incorporar unha linguaxe coherente coa imaxe social actual do colectivo.
Calendario
Parte presencial:
O 4 de setembro de 17 a 21 horas.
Parte non presencial:
Do 5 ao 20 de setembro.
Programa
1. O fenómeno da revolución da lonxevidade:
- Entendendo o contexto sociodemográfico.
- O modelo de envellecemento activo.
- A silver economy ou economía plateada.
2. O perfil das persoas +60 no noso país:
- A imaxe social das persoas maiores.
- Heteroxeneidade versus homoxeneidade.
- Novos roles, demandas e intereses.
3. O concepto de "longlife learning" e o papel da universidade sénior:
- Estado da arte.
- Boas prácticas.
- Retos e oportunidades.
4. As principais liñas de traballo no marco do financiamento europeo.
5. Dinámica participativa sobre os retos e oportunidades.
Impartido en
Campus de Vigo. Sala I do edificio Miralles.
Observacións
ACREDITACIÓN DA ASISTENCIA:
A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan á sesión presencial e obteñan a cualificación de aptitude na parte non presencial.
Profesorado
Noelia López Vázquez
É Licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo e a Universität Hildesheim. Posúe un Mestrado en Dirección Comercial e Marketing por ESIC Business School, Mestrado en Responsabilidade Social Empresarial pola USC e Mestrado en Atención Integral Centrada na Persoa pola Universidade de Deusto. Participa no Programa de Emprendemento Social Momentum Project de ESADE e é Coach Internacional por ICC (International Coaching Community) e ten unha longa experiencia laboral nas áreas de desenvolvemento de negocio, marketing estratéxico, deseño de produto e consultoría de proxectos.
Sara Marsillas
É Doutora en Psicoloxía por USC. O seu proxecto de tese consistiu no desenvolvemento dunha ferramenta de medición validada do envellecemento activo desde o punto de vista individual. Neste período desaenvolveu e participou en diferentes proxectos relacionados co envellecemento activo como o uso das novas tecnoloxías por parte de persoas maiores, a monitorización do comportamento das persoas maiores que viven soas ou a avaliación de programas piloto de teleasistencia.