Obradoiro sobre creación e xestión do perfil de investigador ORCID (nivel inicial) Campus de Ourense (mañá)

Información do curso

Obradoiro sobre creación e xestión do perfil de investigador ORCID (nivel inicial) Campus de Ourense (mañá)


Tipo Outros cursos
Código BIB0205
Nome Obradoiro sobre creación e xestión do perfil de investigador ORCID (nivel inicial) Campus de Ourense (mañá)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 2
Descrición

O curso vai dirixido específicamente a aquel persoal investigador que non teña perfil en ORCID ou que téndoo, necesite mellorar a súa calidade.

Pretende concienciar sobre a importancia da unificación da firma científica e da correcta xestión do perfil ORCID. Ademais, proporcionará competencias para crear un perfil ORCID, volcar publicacións e vinculalo con outros sistemas (Scopus, Web of Science, etc.).

 

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 813 843
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

ORCID, Open Researcher & ContributorID  https://orcid.org/ é un proxecto sen ánimo de lucro que ofrece un identificador único de 16 díxitos para os  autores/as de publicacións científicas, e á vez un espazo para rexistrar os seus datos e traballos e, se o desexan, compartilos.

Vantaxes:

  • Unifica a autoría do persoal investigador e asegura a súa correcta identificación e da súa produción científica.
  • Está integrado en ciclos de traballo propios da comunicación científica: envío de artigos aos editores, solicitudes de proxectos, etc.

 

Entidades organizadoras

Biblioteca Universitaria de Vigo.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 05/06/2019 12:00 - 17/06/2019 23:55
Período de docencia 20/06/2019 - 20/06/2019

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 5
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Persoal docente e investigador da Universidade de Vigo sen perfil en ORCID ou con coñecementos moi básicos de ORCID e que necesiten mellorar a calidade do seu perfil (volcado de publicacións e vinculación con outros sistemas).

Obxectivos

- Concienciar ao PDI da importancia da firma normalizada e da correcta xestión do seu perfil de investigador.

- Coñecer o identificador ORCID e as súas vantaxes e funcionalidades.

- Creación e xestión dun perfil ORCID.

Criterios de selección

Por orde de inscrición.

Calendario

20 de xuño de 2019 de 11:00 h. a 13:00 h.

Programa

  • A importancia da normalización da firma científica
  • Como crear un identificador ORCID
  • Como engadir publicacións
  • Integración do identificador ORCID con outros sistemas
  • Como utilizar o identificador ORCID

Modo de pagamento

Gratuíto.

Impartido en

Biblioteca Central de Ourense Aula de informática (3º andar)

Observacións

A Biblioteca Universitaria expedirá un diploma de asistencia aos participantes.

Profesorado

Persoal da Biblioteca Universitaria.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos