Obradoiro sobre creación e xestión do perfil de investigador ORCID (nivel inicial) Campus de Vigo (mañá)
Información do curso
Obradoiro sobre creación e xestión do perfil de investigador ORCID (nivel inicial) Campus de Vigo (mañá)
Tipo | Outros cursos | ||||
Código | BIB0201 | ||||
Nome | Obradoiro sobre creación e xestión do perfil de investigador ORCID (nivel inicial) Campus de Vigo (mañá) |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 2 | ||||
Descrición | O curso vai dirixido específicamente a aquel persoal investigador que non teña perfil en ORCID ou que téndoo, necesite mellorar a súa calidade. Pretende concienciar sobre a importancia da unificación da firma científica e da correcta xestión do perfil ORCID. Ademais, proporcionará competencias para crear un perfil ORCID, volcar publicacións e vinculalo con outros sistemas (Scopus, Web of Science, etc.).
|
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 813 843 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
ORCID, Open Researcher & ContributorID https://orcid.org/ é un proxecto sen ánimo de lucro que ofrece un identificador único de 16 díxitos para os autores/as de publicacións científicas, e á vez un espazo para rexistrar os seus datos e traballos e, se o desexan, compartilos.
Vantaxes:
- Unifica a autoría do persoal investigador e asegura a súa correcta identificación e da súa produción científica.
- Está integrado en ciclos de traballo propios da comunicación científica: envío de artigos aos editores, solicitudes de proxectos, etc.
Entidades organizadoras
Biblioteca Universitaria de Vigo.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 05/06/2019 12:00 - 10/06/2019 23:55 |
---|---|
Período de docencia | 12/06/2019 - 12/06/2019 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 5 |
---|---|
Número máximo de participantes | 15 |
Destinatarios/as
Persoal docente e investigador da Universidade de Vigo sen perfil en ORCID ou con coñecementos moi básicos de ORCID e que necesiten mellorar a calidade do seu perfil (volcado de publicacións e vinculación con outros sistemas).
Obxectivos
- Concienciar ao PDI da importancia da firma normalizada e da correcta xestión do seu perfil de investigador.
- Coñecer o identificador ORCID e as súas vantaxes e funcionalidades.
- Creación e xestión dun perfil ORCID.
Criterios de selección
Por orde de inscrición.
Calendario
12 de xuño de 2019 de 12:00 h. a 14:00 h.
Programa
- A importancia da normalización da firma científica
- Como crear un identificador ORCID
- Como engadir publicacións
- Integración do identificador ORCID con outros sistemas
- Como utilizar o identificador ORCID
Modo de pagamento
Gratuíto.
Impartido en
Aula IV do Edificio Miralles.
Observacións
A Biblioteca Universitaria expedirá un diploma de asistencia aos participantes.
Profesorado
Persoal da Biblioteca Universitaria.