Curso de pronuncia para a docencia en inglés (Campus de Ourense)

Información do curso

Curso de pronuncia para a docencia en inglés (Campus de Ourense)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPPROOU19
Nome Curso de pronuncia para a docencia en inglés (Campus de Ourense)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 20
Descrición

A actividade formativa abordará os procesos fonéticos e fonolóxicos desde unha perspectiva práctica, centrada na expresión oral e discriminación auditiva do inglés británico. 

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O Curso de pronuncia para a docencia en inglés insírese dentro das actividades formativas da Universidade de Vigo para o ano 2019. Esta actividade formativa está organizada pola Área de Formación e Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 10/05/2019 12:00 - 27/05/2019 23:59
Período de docencia 12/06/2019 - 25/06/2019

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI que teña carga docente e que imparta ou ten previsto impartir materias en inglés.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.

Para acceder ao curso é necesario ter a acreditación do nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. A documentación enviarase a innovacion.educativa@uvigo.es.

As persoas que non teñan aprobado o HELA ou non teñan acreditación de  nivel ou a teñen caducada poderán presentarse a unha proba de nivel.

Obxectivos

Introducir a pronuncia do inglés desde un punto de vista práctico coa finalidade de que as persoas poidan:

  • Mellorar a expresión oral.
  • Mellorar a comprensión auditiva.
  • Conseguir unha comunicación más efectiva co alumnado na aula.

Criterios de selección

Ofertaranse 20 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición entre as persoas que cumpran cos requisitos esixidos.

Calendario

ATENCIÓN: houbo un cambio de datas: 12, 13, 14, 17, 18, 19, 20, 21, 24 e 25 de xuño.
Horario: de 12 a 14 horas.

Programa

  1. Introdución á pronuncia do inglés: os sons, importancia da pronuncia e a súa representación.
  2. Os sons vocálicos: vogais longas, curtas e a súa relación coa grafía.
  3. Os sons consonánticos: consoantes xordas e sonoras e a súa relación coa grafía.
  4. As principais regras fónicas: a regra do «e» mudo, regra das sílabas abertas ou pechadas, as letras mudas, a regra das dúas vogais etc.
  5. Introdución ás principais diferenzas entre inglés británico e americano.
  6. O acento na palabra.
  7. O acento na oración.
  8. A unión das palabras na oración.
  9. A pronuncia das formas débiles no inglés.
  10. Introdución á entoación.

Impartido en

Campus de Ourense. Aula 08 do edificio Facultades.

Observacións

ACREDITACIÓN DA ASISTENCIA:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan ao 80% das sesións que ten o curso.

Profesorado

Profesorado do Centro de Linguas da Fundación Universidade de Vigo.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos