Fondos europeos para a innovación (Campus de Vigo)

Información do curso

Fondos europeos para a innovación (Campus de Vigo)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPFON19VI
Nome Fondos europeos para a innovación (Campus de Vigo)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 16
Descrición

Os programas europeos de investimento e de axudas para o periodo 2014-20 van dirixidos aos obxectivos de crecemento da Unión Europea e están plasmadas na Estratexia Europea 2020. No curso abordaranse os mecanismos de financiamento necesarios para atopar as solucións axeitadas a cada necesidade, afondarase dos sistemas de busca de datos sobre convocatorias, proxectos de cooperación... e estudaranse casos prácticos.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 812 035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Fondos europeos para a innovación insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2019. A actividade formativa está organizada pola Área de Formación e Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 29/04/2019 12:00 - 13/05/2019 23:59
Período de docencia 15/05/2019 - 20/05/2019

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 60

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.

Obxectivos

Ao rematar a actividade formativa as persoas participantes serán quen de:

  • Recoñecer os principais programas europeos que financian proxectos I+D+i.
  • Describir o concepto de proxecto europeo e os fondos europeos.
  • Manexar as fontes de información en Internet e documentais vencelladas aos fondos europeos.
  • Buscar de socios/as europeos para o desenvolvemento de proxectos de cooperación transnacionais.
  • Xerar unha idea de proxecto para presentar nunha convocatoria e acade financiamento.
  • Desenvolver habilidades relacionadas co desenvolvemento dun proxecto.

Calendario

15 de maio (16 a 20 horas) 16 de maio (10 a 14  e de 16 a 20 horas) e 20 de maio (10 a 14 horas).

Programa

  • O orzamento comunitario. Liñas de financiamento. Estratexia Europea 2020. Acceso aos fondos europeos
    para entidades públicas: fondos de xestión directa, empréstitos e instrumentos financeiros e fondos estruturais.
  • Principais programas europeos 2014-20 que son xestionados directamente pola Comisión Europea: Horizonte 2020 (convocatorias para Smart Cities), Life+, Erasmus+, Accións Urbanas Innovadoras (UIA), URBACT, Erasmus Mozos/as Emprendedores, programa COSME, Programa EASI, Europea cos Cidadás/anas, Europa Creativa, Instrumento PYME, FastTrack to Innovation, Programas de Cooperación Territorial Europea (SUDOE, Atlantic Area e POCTEP) etc.
  • Fondos estruturais: Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Fondo Social Europeo (FSE). Iniciativa Emprego mozo. Acceso a Programas Operativos Plurirexionais.
  • Empréstitos e Instrumentos financeiros. Portal Europeo de Proxectos de Inversión (PEPI). Iniciativa ELENA. Iniciativa PYME. Empréstitos BEI e FEI.
  • Análise de casos prácticos de proxectos europeos.
  • Elaboración e redacción dun proxecto europeo. Como preparar unha proposta de éxito.
  • Estratexia de participación en proxectos europeos para universidades.
  • Participación como líder ou como socio.
  • Análise de formularios de proxectos europeos aprobados.
  • Fontes documentais e de información.
  • Portal do participante e rexistros. PIC (Participant Identification Code).
  • Busca de socios. Métodos. Bases de datos.
  • Análise de formularios de diversas convocatorias. Formularios tradicionais, en liña e autocompletables.
  • Metodoloxía PM2 (Project Management Methodology de la Comisión Europea).
  • Desenvolvemento do diagrama de Gantt.
  • Paquetes de traballo (WP). Cronogramas.
  • Análises DAFO.
  • Produtos, entregables e resultados.
  • O orzamento nun proxecto europeo.
  • Aspectos legais. Contratos e convenios.
  • Comunicación, difusión e transferencia de resultados.
  • Procesos de avaliación.
  • As redes sociais como ferramenta de traballo nos proxectos europeos.
  • Programas de cooperación INTERREG. Presentación de candidaturas, experiencias de éxito e boas prácticas.

Impartido en

Campus de Vigo. Desenvolverase na aula M106 da Escola de Minas e Enerxía.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que asistan ao 80%  das sesións presenciais do curso.

Profesorado

Juan Manuel Viesca Marqués

Director de Finnova, fundación que busca aportar valor ás iniciativas innovadoras e xerar riqueza en Europa a través dun coñecemento fondo dos mecanismos de financiamento da UE, imparte docencia no Mestrado de Estudos Internacionais e Europeos da Universidade de Valencia. Foi director xeral de proxectos e fondos europeos da Xunta de Valencia.


Breixo Martins

Director do Proxecto Atlantic Positive financiado por fondos FEDER (INTERREG) do programa Atlantic Area


Eva Garea Oya

Técnica superior de Relacións Internacionais

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos