Apoio para a elaboración de memorias de titulacións (apartados 3 e 5) (Modalidade virtual)

Información do curso

Apoio para a elaboración de memorias de titulacións (apartados 3 e 5) (Modalidade virtual)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPVERI19VIR
Nome Apoio para a elaboración de memorias de titulacións (apartados 3 e 5) (Modalidade virtual)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 30
Descrición

O curso busca axudar ao profesorado que ten que xerar a memoria dunha titulación para verificala a preparar os apartados 3 (competencias) e 5 (planificación do ensino).

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 812 035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Apoio para a elaboración de memorias de verificación de títulos (apartads 3 e 5)  insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2019. A actividade formativa está organizada pola Área de Formación e Innovación Educativa en colaboración coa Área de Calidade.

Nesta formación haberá días modalidades:
-Se o profesorado segue a parte teórica sen facer as actividades acreditaránselle 8 horas.
-Se o profesorado segue todo o curso (parte teórica e actividades de aprendizaxe) acreditaránselle 30 horas.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 04/04/2019 10:00 - 26/04/2019 23:59
Período de docencia 08/04/2019 - 06/05/2019

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 1
Número máximo de participantes 30

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao PDI que estea a deseñar ou modificar a memoria dunha titulación.

Obxectivos

  • Deseñar competencias e resultados de aprendizaxe.
  • Diferenciar as competencias que compoñen unha titulación: básicas, xerais, específicas, trasversais.
  • Planificar unha titulación seguindo as directrices ANECA-ACSUG.
  • Distribuir as competencias dunha titulación nos diferentes niveis.
  • Planificar unha materia tendo en conta que os resultados de aprendizaxe, sistemas de avaliación, actividades formativas e metodoloxías estean alineadas.

Calendario

Do 5 de abril ao 8 de maio.

Programa

1. Introdución teórica para o deseño de competencias e resultados da aprendizaxe.

2. Deseño de competencias xerais, específicas e transversais.

3. Orientacións para distribuir as competencias ao longo dos módulos, materias e asignaturas da titulación.

4. Principios para a planificación dunha asignatura.

 

Impartido en

Modalidade virtual.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que obteñan a cualificación de apto/a.

Profesorado

Área de Formación e Innovación Educativa

María de los Ángeles Villar Lemos

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos