Atopa o teu curso

Información do curso

Creación de contidos interactivos propios con H5P (Campus de Pontevedra)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPCRE19PO
Nome Creación de contidos interactivos propios con H5P (Campus de Pontevedra)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade presencial
Horas 20
Descrición

A actividade formativa busca que o  profesorado sexa quen de xerar e modificar contidos con H5P, identificando as actividades e dinámicas que poden ser xeradas con esta ferramenta para facer máis dinámica a docencia.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 812 035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Creación de contidos interactivos propios con H5P insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2019. A actividade formativa está organizada pola Área de Formación e Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 11/02/2019 12:00 - 15/03/2019 23:59
Período de docencia 03/04/2019 - 25/04/2019

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI que teña carga docente.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.

Obxectivos

  • Xerar contidos interactivos.
  • Xerar actividades dinámicas.

Calendario

Desenvolverase os días 3, 10, 24 e 25 de abril de 2019 de 16 a 19 horas e os días 4 e 11 de abril de 16 a 20 horas.

Programa

1. Instalación de HP5.
2. Integración con LMS.
3. Visualización de tipos de contidos que se poden xerar, importar e exportar.
4. Explicación de contidos a xerar.
5. Persoalización de contidos con H5P.

Impartido en

Campus de Pontevedra. Facultade de Fisioterapia.

Observacións

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan ao 80% do curso.

Profesorado

Iván Otero González

Investigador senior no proxecto UP2U.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos