Atopa o teu curso

Información do curso

Introdución práctica ao flipped learning: bases do modelo, deseño da aprendizaxe e ferramentas para implementalo (Modalidade virtual)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPFLIPP19VIR
Nome Introdución práctica ao flipped learning: bases do modelo, deseño da aprendizaxe e ferramentas para implementalo (Modalidade virtual)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade virtual
Horas 20
Descrición

A actividade formativa busca a experimentación e aplicación de coñecementos a través de actividades que implican o uso dos conceptos pedagóxicos e ferramentas Flipped Learning.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 812 035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Introdución práctica ao flipped learning: bases do modelo, deseño da aprendizaxe e ferramentas para implantalo insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2019. A actividade formativa está organizada pola Área de Formación e Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 24/01/2019 12:00 - 22/02/2019 23:59
Período de docencia 01/03/2019 - 29/03/2019

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI que teña carga docente.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.

Obxectivos

  • Analizar o modelo Flipped Learning.
  • Detectar prácticas relacionadas co Flipped Learning coa competencia dixital.
  • Aplicar ferramentas para a creación e distribución de contidos docentes dixitais.

Calendario

Do 1 ao 29 de marzo.

Programa

  • Que é o Flipped Learning e por que usalo.
  • Principios básicos do Flipped Learning: modelo FLIPTM e alternativas.
  • A relación do Flipped Learning coa competencia dixital.
  • Deseño de unidades de aprendizaxe: un modelo baseado en IMS e edCrumble.
  • O LMS como centro organizador do curso: Moodle e alternativas.
  • Ferramentas para a curación de contidos docentes.
  • Ferramentas para a creación e distribución de contidos docentes dixitais.

Impartido en

Modalidade virtual. A través da plataforma FaiTIC.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que superen o 80% das probas de avaliación.

Profesorado

Alberto Dafonte Gómez

Profesor do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade e coordinador do Grupo de Innovación Docente Medios Dixitais e Aprendizaxe Participativa. Máster en Educación e TIC (UOC), Doutor en Publicidade e Relacións Públicas e Licenciado no Grao en Comunicación Audiovisual (Universidade de Vigo).

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos