Análise estatística con RCommander (modalidade virtual)

Información do curso

Análise estatística con RCommander (modalidade virtual)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPPR19VIR
Nome Análise estatística con RCommander (modalidade virtual)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 20
Descrición

A linguaxe estatística R, coa súa interface gráfica RCommander, é o software liberado baixo unha licenza libre, referente nos estudos estatísticos e é unha alternativa real ás diferentes solucións privativas para este tipo de estudos. O curso vai desde a instalación de RCommander, ata o manexo de datos, creación de gráficos, ou a realización de estudos estatísticos descritivos.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Análise estatística básica de datos con RCommander insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2019. A actividade formativa está organizada pola Área de Formación e Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 20/12/2018 12:00 - 25/01/2019 23:59
Período de docencia 30/01/2019 - 27/02/2019

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI que teña carga docente.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.

Obxectivos

  • Manexar o software R e o seu contorno gráfico Rcommander.
  • Realizar estudos estadísticos básicos co Rcommander.
  • Ser capaz de ampliar a funcionalidade do programa coa inserción de novos módulos.
  • Formar o persoal que habitualmente traballa con software estatístico comercial, no manexo de software de fontes abertas como R nos permite abaratar custos sen perder capacidade operativa, á vez que permite incorporar novas rutinas ou desenvolver funcións propias para aumentar a efectividade do software.

Calendario

Do 30 de xaneiro ao 27 de febreiro.

Programa

Tema 1: Comezando con R.

Tema 2: Instalación.

Tema 3: Instalación de paquetes.
            Instalación de paquetes RCommander.

Tema 4: Uso de RCommander.
            Menús de RCommander.

Tema 5. Manexo de datos:
            Recodificar variables.
            Estudo descritivo e infeccións cirúrxicas.
            Recodificar e filtrar variables.

Tema 6. Creación de datos.

Tema 7. Estatística descritiva.

Tema 8. Distribucións de probabilidade.

Tema 9. Inferencia.
            Intervalos de confianza.

Tema 10. Regresión lineal simple.
              Diagnósticos numéricos.

Tema 11. Engadidos no RCommander.

Impartido en

Modalidade virtual.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que superen a actividade formativa.

Cada un dos temas consta dunha parte teórica, onde se detallan os procedementos para traballar coas diferentes opcións de RCommander. Ao final de cada tema hai unha proba de autoavaliación.  E ao final do curso existe unha proba final. A plataforma mide o tempo de conexión de cada participante, criterio que será tido en conta á hora da avaliación final:

Participación (10 horas de conexión como mínimo): 10%.
Probas de autoavaliación por tema: 50%.
Proba final: 40 %.

Profesorado

Miguel Ángel Rodríguez Muíños

Técnico Informático da Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia.
É formador con ampla experiencia en software científico e de análise de datos. É membro fundador da Comunidade R-Hispano (Asociación de usuarios/as de R de España)e
das Xornadas de Usuarios de R en Galicia; e administra  R-Help-es (listaxe de correo de R en castelán).
Tamén coordina o Proxecto EpiLinux (distribución científica de Linux) e do Proxecto BioStatFLOSS (recompilación de software libre de uso bioestatístico).

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos