Desenvolvemento persoal do/a docente: Deixa de fabricar medos (Campus de Vigo)

Información do curso

Desenvolvemento persoal do/a docente: Deixa de fabricar medos (Campus de Vigo)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPDP18VI
Nome Desenvolvemento persoal do/a docente: Deixa de fabricar medos (Campus de Vigo)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 18
Descrición

Esta actividade formativa ten como finalidade traballar na competencia persoal do profesorado.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 812 035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Desenvolvemento persoal do/a docente: Deixa de fabricar medos insírese dentro das actividades formativas institucionais para o persoal docente da Universidade de Vigo para o ano 2018. O curso está organizado pola Área de Formación e Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 13/11/2018 12:00 - 29/11/2018 23:59
Período de docencia 03/12/2018 - 19/12/2018

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte persoal da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Investigador contratado: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

Se quedasen prazas vacantes podería participar persoas con outros perfís.

Obxectivos

  • Comprender o funcionamento das emocións.
  • Levar á práctica técnicas para a xestión e regulamento das emocións.
  • Analizar diferentes tipos de liderado interior e exterior.

Calendario

Días: 3, 5, 10, 12, 17 e 19 de decembro.
Horario: 16 a 19 horas.

Programa

  • Ningunha realidade destrúe: destrúe non facerlle fronte
    Como funciona o noso circuito emocional?
  • A fórmula do equilibrio emocional C+R=E
    Centra a túa atención no que merece a túa enerxía.
    A importancia do medo: afrontalo impulsa.

  • A conquista do instante presente
    O impacto da presenza.
    Lidérate para poder edificar a outras persoas.
    Negocia axeitadamente co éxito e o fracaso.

Impartido en

Campus de Vigo. Sala de graos da Facultade de Económicas e Empresariais.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan ao 80% do curso.

Profesorado

Manuel Conde

Coach do grupo Mentes Expertas. Formado en Intelixencia Emocional I e II (Programación Neurolingüística) pola Universidade Camilo José Cela.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos