Selección e uso de equipos de protección individual en laboratorios (Vigo-mañá)

Información do curso

Selección e uso de equipos de protección individual en laboratorios (Vigo-mañá)


Tipo Cursos de formación do persoal
Código SPRLFVI1801101
Nome Selección e uso de equipos de protección individual en laboratorios (Vigo-mañá)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 3
Información de contacto:  
 · Teléfono 986 81 40 88
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

A finalidade do presente Taller de “SELECCIÓN E USO DE EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL EN LABORATORIOS” é mostrar e facilitar, dun modo eminentemente práctico, a elección óptima do equipo de protección individual.

Coñeceranse as características principais e o método para seleccionalos de:

-       Luvas de protección química e biolóxica.

-       Equipos de protección respiratoria

-       Protectores oculares

Entidades organizadoras

FREMAP Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social e o Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Universidade de Vigo

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 31/10/2018 13:30 - 15/11/2018 14:00
Período de docencia 21/11/2018 - 21/11/2018

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 30

Destinatarios/as

Esta xornada vai dirixida a persoal do Campus de Vigo (PAS que realice traballos en laboratorio, PDI e responsables de laboratorio) que, pola súa actividade laboral, precisan coñecementos especializados para a correcta xestión de todos os aspectos relacionados coa selección de equipos de protección individual nos laboratorios ou talleres.

Obxectivos

Facilitar, dun modo eminentemente práctico, a elección óptima do equipo de protección individual máis axeitado.

Criterios de selección

Persoal do Campus de Vigo, por orde de inscrición.

Calendario

Data: 21 de novembro de 2018

Horario: das 10.00 h. ás 13.00 h.

Programa

Módulo 1: Normativa sobre comercialización e utilización dos EPI

  • Implicacións do Regulamento EPI’s 2016/425
  • EPI: Categoría I, II e III
  • Condicións para a utilización polos traballadores dos EPI: RD 773/1997

Módulo 2: Protección ocular

  • Tipos e modelos: gafas de montura integral, universal e pantalla facial
  • Compoñentes básicos: oculares e monturas
  • Filtros solares, infravermello, ultravioleta
  • Marcado do ocular e a montura: exemplos

Módulo 3: Protección da pel

  • Luvas de protección química e biolóxica
  • Diferenciación dos diferentes tipos e modelos de luvas
  • Marcado de luvas

Módulo 4: Protección das vías respiratorias

  • Tipos e clases de equipos de protección das vías respiratorias (EPIVR)
  • Diferenciación de protección respiratoria, identificación e marcado
  • Selección dos EPIVR
  • Proba de axuste de diversos equipos de protección respiratoria

Impartido en

Na aula 5 da Facultade de Bioloxía.

(Nota: No caso de que fosen 30 alumnos/as como indica o número máximo de asistentes, esta aula non serviría.)

Profesorado

D. David Rodríguez Pérez, licenciado en Química, Conselleiro de Seguridade no Transporte de Mercancías Perigosas, Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais nas tres especialidades. Desde a súa incorporación a FREMAP en 2007 especializouse en risco químico. Actualmente tamén é membro do Equipo de Especialización de Equipos de Protección Individual de FREMAP.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos