Creación de contidos interactivos propios con H5P (Campus de Vigo)

Información do curso

Creación de contidos interactivos propios con H5P (Campus de Vigo)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPCRE18VI
Nome Creación de contidos interactivos propios con H5P (Campus de Vigo)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 20
Descrición

A actividade formativa busca que o  profesorado sexa quen de xerar e modificar contidos con H5P, identificando as actividades e dinámicas que poden ser xeradas con esta ferramenta para facer máis dinámica a docencia.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 812 035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Creación de contidos interactivos propios con H5P insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2018. O curso está organizado pola Área de Formación e Innovación Educativa da Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 19/10/2018 12:00 - 16/11/2018 23:59
Período de docencia 21/11/2018 - 30/11/2018

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte Persoal Docente e Investigador da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Persoal investigador: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

  • Se quedasen prazas libres poderían participar outras persoas.

Obxectivos

  • Xerar contidos interactivos.
  • Xerar actividades dinámicas.

Calendario

Días: 21, 23, 26, 28 e 30 de novembro.
Horario: de 15.30 a 19.30 horas.

Programa

1. Instalación de HP5.
2. Integración con LMS.
3. Visualización de tipos de contidos que se poden xerar, importar e exportar.
4. Explicación de contidos a xerar.
5. Persoalización de contidos con H5P.

Impartido en

Campus de Vigo. Sala III do edificio Miralles.

Observacións

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan ao 80% do curso.

Profesorado

Iván Otero González

Investigador senior no proxecto UP2U.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos