Curso de pronuncia para a docencia en inglés (Campus de Vigo)

Información do curso

Curso de pronuncia para a docencia en inglés (Campus de Vigo)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPPROVI18
Nome Curso de pronuncia para a docencia en inglés (Campus de Vigo)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 20
Descrición

A actividade formativa busca que as persoas que participen se formen en aspectos fundamentalmente prácticos da lingua inglesa para desenvolver mellor as actividades habituais da aula.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O Curso de pronuncia para a docencia en inglés insírese dentro das actividades formativas da Universidade de Vigo para o ano 2018. Esta actividade formativa está organizada pola Área de Formación e Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 02/10/2018 12:00 - 02/11/2018 23:59
Período de docencia 15/11/2018 - 20/12/2018

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

A acción formativa está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo. Para acceder ao curso é necesario ter a acreditación do nivel B2 ou C1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. Terán preferencia aquelas persoas que xa estean a impartir docencia en inglés ou que consten en POD como as encargadas de impartir algunha materia para o ano académico 2019/20. A documentación enviarase a innovacion.educativa@uvigo.es.

As persoas que non teñan aprobado o HELA ou non teñan acreditación de nivel ou a teñen caducada poderán presentarse a unha proba de nivel.

Obxectivos

Introducir a pronuncia do inglés desde un punto de vista práctico coa finalidade de que as persoas poidan:

   -Mellorar a expresión oral.
   -Mellorar a comprensión auditiva.
   -Conseguir unha comunicación máis efectiva co alumnado na aula.

Criterios de selección

Ofertaranse vinte prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición entre as persoas que cumpran cos requisitos esixidos.

Calendario

Calendario:
Días: 15, 20, 22, 27, 29 de novembro, 4, 11, 13, 18 e 20 de decembro.
Horario: de 16 a 18 horas.

Programa

  1. Introdución á pronuncia do inglés: os sons, importancia da pronuncia e a súa representación.
  2. Os sons vocálicos: vogais longas, curtas e a súa relación coa grafía.
  3. Os sons consonánticos: consoantes xordas e sonoras e a súa relación coa grafía.
  4. As principais regras fónicas: a regra do «e» mudo, regra das sílabas abertas ou pechadas, as letras mudas, a regra das dúas vogais etc.
  5. Introdución ás principais diferenzas entre inglés británico e americano.
  6. O acento na palabra.
  7. O acento na oración.
  8. A unión das palabras na oración.
  9. A pronuncia das formas débiles no inglés.
  10. Introdución á entoación.

Impartido en

Campus de Vigo. Aula B9 da Facultade de Filoloxía e Tradución.

Observacións

ACREDITACIÓN DA ASISTENCIA:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan ao 80% das sesións que ten o curso.

Profesorado

Profesorado do Centro de Linguas da Fundación Universidade de Vigo.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos