Prevención do sobreesforzo vocal, coidados no uso profesional da voz

Información do curso

Prevención do sobreesforzo vocal, coidados no uso profesional da voz


Tipo Cursos de formación do persoal
Código SPRLFVI1800901
Nome Prevención do sobreesforzo vocal, coidados no uso profesional da voz
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 2
Descrición

Dotar ao persoal asistente de criterios e ferramentas prácticas que lle faciliten a adecuación do seu timbre de voz ás comunicacións que requira o seu traballo.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986814088
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Con obxecto de lograr a excelencia no tratamento integral da saúde, esta actividade formativa e de sensibilización pretende dotar aos profesionais que utilizan a voz das ferramentas necesarias para dosificar o esforzo vocal necesario en tarefas como falar en público, a docencia, etc, logrando así evitar e/ou minimizar o sobresforzo de voz asociado a estas tarefas. Os coidados durante o uso profesional da voz contribuirán a evitar as lesións vocales.
Analizaranse as características que se describen nunha voz sa, e practicaranse dinámicas nas que cada asistente poderá detectar as características da súa voz e como mellorala.

Entidades organizadoras

Servizo de Prevención de Riscos Laborais

FREMAP Mutua de Accidentes de Traballo

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 19/09/2018 09:30 - 28/09/2018 14:00
Período de docencia 04/10/2018 - 04/10/2018

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 35

Destinatarios/as

O persoal docente e investigador e de administración e servizos da Universidade de Vigo.

Obxectivos

Dotar ao persoal asistente de criterios e ferramentas prácticas que lle faciliten a adecuación do seu timbre de voz ás comunicacións que requira o seu traballo.

Criterios de selección

Orde de inscrición.

Calendario

Xoves, 4 de outubro de 2018

Horario: de 10:00 h. a 12:00 h

Programa

  • Conceptos básicos sobre a voz 
    • Nocións básicas sobre o aparello fonador (laringe, faringe, diafragma, etc.)
  • Funcionamento da voz
    • Determinantes da voz (lonxitude e grosor das cordo vocales).
  • Uso profesional da voz.
    • Boas prácticas na utilización da voz proxectada.
  • Exercicios respiratorios: 
    • Diafragma como músculo impulsor da voz.

Impartido en

Sala I do Edificio Miralles (Campus de Vigo)

Profesorado

Elena García Rodríguez, técnica de superior de prevención de riscos laborais (FREMAP)

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos