(CANCELADA) TRATAMENTO CONSERVADOR DA SÍNDROME DA DOR MIOFASCIAL, NIVEL BÁSICO

Información do curso

(CANCELADA) TRATAMENTO CONSERVADOR DA SÍNDROME DA DOR MIOFASCIAL, NIVEL BÁSICO


Tipo Curso Complementario
Código C2051806 CANCELA
Nome (CANCELADA) TRATAMENTO CONSERVADOR DA SÍNDROME DA DOR MIOFASCIAL, NIVEL BÁSICO
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 20
Información de contacto:  
 · Teléfono 986801750
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Facultade de Fisioterapia

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 31/07/2018 00:00 - 28/03/2019 23:59
Período de matrícula 03/09/2018 00:00 - 29/03/2019 23:59
Período de docencia 29/03/2019 - 31/03/2019

Prazas e créditos

Número máximo de participantes 100
Créditos teóricos 0.3
Créditos prácticos 1.7
Validación de libre elección 1

Destinatarios/as

O Curso está destinado a fisioterapeutas e a alumnos de Fisioterapia que, alomenos, no curso 2018-19 sexan de 2º curso do Grao.

Condicións de acceso

Ser diplomado/a ou graduado/a en Fisioterapia ou estar matriculado como alumno/a de 2º, 3º ou 4º curso do Grao en Fisioterapia no curso académico 2018-19.

Criterios de selección

Preferencia, e por esta orde: fisioterapeutas, alumnado de 4º curso, alumnado de 3º curso e alumnado de 2º curso.
Dentro de cada un destes grupos, por orde de preinscrición.

Calendario

Do 29 ao 31 de marzo de 2019.
Horario: VENRES 29 de marzo: de 15:00 a 20:00 horas; SÁBADO 30 de marzo: de 9:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 20:30 horas; e DOMINGO 31 de marzo: de 9:00 a 14:00 horas.

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
A síndrome de dor miofascial (SDM). Os puntos gatillo miofasciais (PGM): clasificación, características e criterios diagnósticos.
Tratamento conservador da SDM: protocolo de tratamento.
Natureza dos puntos gatillo miofasciais
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Anatomía, función e palpación muscular plana do infraespinoso. Identificación da banda tensa e do PGM. Provocación da dor referida.
Anatomía, función e palpación muscular en pinza do esternocleidomastoideo. Identificación da banda tensa e do PGM. Provocación da dor referida.
A técnica suíza de tratamento en infraespinoso e esternocleidomastoideo.
Anatomía, función, palpación e tratamento conservador das fibras superiores do músculo trapecio.
Anatomía, función, palpación e tratamento conservador das fibras medias e inferiores do músculo trapecio.
Anatomía, función, palpación e tratamento conservador dos escalenos e do elevador da escápula.
Anatomía, función, palpación e tratamento conservador do longísimo e do iliocostal.
Anatomía, función, palpación e tratamento conservador do pectoral maior.
Anatomía, función, palpación e tratamento conservador do redondo maior e dorsal ancho.
Anatomía, función, palpación e tratamento conservador do subescapular e do redondo menor.
Anatomía, función, palpación e tratamento conservador do deltoides.
Anatomía, función, palpación e tratamento conservador do tríceps braquial.
Anatomía, función, palpación e tratamento conservador do extensor común dos dedos, do extensor radial largo do carpo e do braquiorradial.
Anatomía, función, palpación e tratamento conservador do cadrado lumbar, do iliopsoas e do ilíaco
Palpación e tratamento conservador do tensor da fascia lata e dos glúteos maior, medio e menor.
Palpación e tratamento conservador dos vastos medial e lateral e do recto anterior do cuádriceps, e dos isquiotibiais
Palpación e tratamento conservador dos gastrocnemios e do sóleo.

Modo de pagamento

O importe da matrícula é de 78 €. O pagamento farase efectivo en calquera oficina de ABANCA, indicando o código do curso, ademáis do nome, apelidos e DNI do alumno/a

Sistema de avaliación

Existirá un control de asistencia: será obrigatoria a asistencia mínima do 80%
Efectuarase unha avaliación continua por parte do profesorado.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos