Deseño de instrumentos para a avaliación da aprendizaxe baseada en proxectos

Información do curso

Deseño de instrumentos para a avaliación da aprendizaxe baseada en proxectos


Tipo Curso de formación do PDI
Código DES_18
Nome Deseño de instrumentos para a avaliación da aprendizaxe baseada en proxectos
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Mixta (Presencial e virtual)
Horas 20
Descrición

A Aprendizaxe baseada en proxectos. Da teoría á aula é unha actividade formativa é recoñecido pola Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado coma Formación Permanente do Profesorado.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

A avaliación da aprendizaxe é unha das maiores dificultades coas que se atopa o profesorado universitario durante o proceso instrucional, sobre todo no que respecta a que avaliar, como avaliar e cando avaliar. Neste curso realizaremos unha aproximación ás principais técnicas de avaliación que supere a visión desta como un acto unilateral que permite a promoción dun curso a outro e non como parte do proceso de ensino-aprendizaxe. A avaliación é unha oportunidade de aprendizaxe e debe ser coherente coas competencias que o alumnado debe demostrar.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 30/07/2018 12:00 - 04/09/2018 23:59
Período de docencia 06/09/2018 - 19/10/2018

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte persoal da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Investigador contratado: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

Terán prioridade as persoas integrantes do GID RED-IS (Rede educativa docente-innovar en sociedade) coordinado porJosé Luis González Cespón.

Obxectivos

  • Discriminar as técnicas de avaliación adecuadas para medir conceptos, actitudes e procedementos.

  • Determinar a fiabilidade e rigorosidade da rúbrica como instrumento de avaliación.

  • Dominar a confección dunha rúbrica en función dos obxectivos didácticos.

  • Deseñar rexistros observacionais.

  • Confeccionar probas obxectivas con validez.

Calendario

Parte presencial: 6 de setembro e 19 de outubro de 09.30 a 14.00 e de 16.00 a 18.30 horas.

Parte non presencial: 8 de setembro ata o 19 de outubro.

Programa

1. Avaliar e cualificar.
2. Criterios de avaliación coherentes coas competencias.
3. Tipos e técnicas de avaliación.
4. Instrumentos de avaliación: rúbricas, rexistros e probas obxectivas.
5. Procedementos de avaliación.

Impartido en

Campus de Vigo. Facultade de Bioloxía. Aula 9.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que asistan ao 80% das sesións presenciais e obteñan unha cualificación de apto/a na parte non presencial.

Profesorado

Margarita R. Pino Juste.
José Luis González Cespón.
José Antonio Alonso Rodríguez.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos