Creación de infografías e deseños vectoriais (Modalidade virtual)

Información do curso

Creación de infografías e deseños vectoriais (Modalidade virtual)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPINFO18VIR1
Nome Creación de infografías e deseños vectoriais (Modalidade virtual)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 20
Descrición

A infografía é unha forma de representar información de forma visual, na que, a combinación de imaxes, diagramas e texto, resumen ou explican figurativamente ideas e conceptos.
Durante o curso utilizarase Inkscape, unha aplicación multiplataforma de código aberto liberada baixo a licenza GNU GPL. Esta aplicación encontrase dispoñible e de balde para ser descargada na seguinte URL: https://inkscape.org/es/descargas/
No curso atoparanse apuntes, vídeos e exercicios para aprender e comezar a dominar a infografía.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Creación de infografías e deseños vectoriais insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2018. O curso está xestionado pola Oficina de Software Libre.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 16/07/2018 12:00 - 01/10/2018 23:59
Período de docencia 08/10/2018 - 22/10/2018

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 10

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte persoal da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Investigador contratado: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

.

Obxectivos

  • Comprender os principais sistemas e modelos que fundamentan os sistemas dixitais de creación de gráficos dixitais.
  • Afondar na capacitación no uso de ferramentas dixitais para a creación de imaxes vectoriais.
  • Ser quen de personalizar as contornas de traballo da edición vectorial, así como as súas ferramentas e as opcións.
  • Localizar e obter imaxes de forma ética e legal para complementar as composicións gráficas desexadas.
  • Distinguir entre diferentes tipos de imaxes e saber o seu uso máis adecuado.
  • Crear ou modificar calquera tipo de composición visual, para combinala en calquera proxecto.
  • Dominar os conceptos básicos da cor, composición e escena, para a creación de infografías e composicións complexas.
    Mellorar a calidade de calquera traballo dixital (presentacións, memorias, páxinas web...).

Calendario

 Do 8 ao 22 de outubro.

Programa

  1. Introdución (2 horas):
    -Software gráfico libre e non libre.
    -Obtención e instalación.
    -Tipos de imaxes e usos.
    -Interface gráfica de Inkscape.
    -Obtención de recursos gráficos legais.

  2. Deseño vectorial básico (6 horas):
    -Manexo básico de obxectos.
    -Formas, propiedades e transformacións.
    -Orden Z e capas.
    -Textos e caligrafía.
    -Recheos, gradientes e trazos.
    -Copiar, duplicar e clonar.

  3. Nodos e trazos (6 horas):
    -Transformacións a trazos.
    -Operacións booleanas.
    -Manexo de nodos.
    -Simplificación.
    -Vectorización.

  4. Infografías (3 horas):
    -Significado e busca de información.
    -Composición e proporción estética.Trucos e consellos para un ilustrador/a.
    -Exemplos e traballos completos.

  5. Efectos e filtros adicionais (3 horas):
    -Filtros.
    -Extensións.
    -Pixart.
    -Interpolacións.
    -Máis efectos artísticos.

Impartido en

Modalidade virtual.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que superen as actividades do curso.

Cada un dos temas consta dunha parte teórica, onde se detallan os procedementos para traballar coas diferentes opcións de Inkscape. Ao final de cada tema hai unha proba de autoavaliación.

A plataforma mide o tempo de conexión de cada participante, criterio que será tido en conta.

Participación (10 horas de conexión como mínimo).
Avaliación continua, a través da realización de exercicios, consulta nos foros...
Posibilidade dunha proba final.

Profesorado

Óscar Fernández Carballo

Enxeñeiro Informático con ampla experiencia como relator e docente TIC a todos os niveis educativos. Creatividade, entusiasmo, entrega, planificación e unha correcta preparación didáctica son a base dos eventos impartidos.

Experiencia na coordinación de grupos, eventos e proxectos. Elaboración e direcciónde  multitude de cursos, relatoiros e obradoiros (ofimática, deseño gráfico, robótica, programación...…).


María Dolores Abilleira (titora)

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos