Trucos e boas prácticas na elaboración de documentos dixitais (Modalidade virtual)

Información do curso

Trucos e boas prácticas na elaboración de documentos dixitais (Modalidade virtual)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPTRU18VIR
Nome Trucos e boas prácticas na elaboración de documentos dixitais (Modalidade virtual)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 20
Descrición

LibreOffice é OpenOffice son proxectos licenciados en software libre, e están dispoñibles de balde para seren descargados en varias plataformas. Neste curso poderás atopar apuntes, vídeos e exercicios para aprender a dominar edición de documentos de texto.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 812 035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Trucos e boas prácticas na elaboración de documentos dixitais insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2018. O curso está xestionado pola Oficina de Software Libre.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 13/07/2018 12:00 - 03/09/2018 23:59
Período de docencia 10/09/2018 - 28/10/2018

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 10

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte persoal da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Investigador contratado: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

Obxectivos

  • Ser quen de empregar as Suites Ofimáticas.
  • Empregar os atallos de teclado.
  • Xerar documentos enriquecidos.
  • Personalizar LibreOffice.
  • Instalar as extensións.

Calendario

Do 10 de setembro ao 28 de outubro.

Programa

Tema 1. Introdución.

Tema 2. Creación dixital de documentos enriquecidos.
            Estilos e formatado.
            Modelos.
            Tipografías e fontes libres.
            Referencias bibliográficas.
            Exportar a Pdf de calidade.
            Trucos e bos costumes.

Tema 3. Configuración e personalización de LibreOffice:
            Configuración.
            Personalizar.

Tema 4. Extensións:
            Descarga de extensións.
            Xestor de extensións.
            Extensións engadidas por defecto.
            Máis extensións.

Impartido en

Modalidade virtual.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que superen a actividade formativa.

Cada un dos temas consta dunha parte teórica, onde se detallan os procedementos para traballar coas diferentes opcións de Writer. Ao final de cada tema hai unha proba de autoavaliación.  E ao final do curso existe unha proba final. A plataforma mide o tempo de conexión de cada participante, criterio que será tido en conta á hora da avaliación final:

Participación (10 horas de conexión como mínimo).
Avaliación continua a través de probas, consulta en foros...
Posibilidade dunha proba final.

Profesorado

Óscar Fernández Carballo

Enxeñeiro Informático con ampla experiencia como relator e docente TIC a todos os niveis educativos. Creatividade, entusiasmo, entrega, planificación e unha correcta preparación didáctica son a base dos eventos impartidos.

Experiencia na coordinación de grupos, eventos e proxectos. Elaboración e direcciónde  multitude de cursos, relatoiros e obradoiros (ofimática, deseño gráfico, robótica, programación...…).


María Dolores Abilleira (titora)

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos