Iniciación a GNU Octave (Modalidade virtual)

Información do curso

Iniciación a GNU Octave (Modalidade virtual)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPOCT18VIR
Nome Iniciación a GNU Octave (Modalidade virtual)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 20
Descrición

GNU Octave e un software liberado baixo unha licenza libre. Considérase unha alternativa real ás distintas solucións privativas utilizadas na realización de estudos de cálculo numérico. O curso vai dende a instalación de Octave, ata o manexo de datos, creación de gráficos, ou a instalación de librerías e complementos.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 812 035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Iniciación a GNU Octave insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2018. O curso está xestionado pola Oficina de Software Libre.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 12/07/2018 12:00 - 03/09/2018 23:59
Período de docencia 10/09/2018 - 11/10/2018

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 12

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte persoal da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Investigador contratado: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

Obxectivos

  • Manexar datos.
  • Xerar gráficos.
  • Elaborar scripts.
  • Ser quen de facer operacións con cartafoles.
  • Instalar complementos.

Calendario

Do 10 de setembro ao 11 de outubro.

Programa

Tema 1: Comezando con GNU Octave:
            Introdución.
            Que é GNU Octave?
            Instalación.

Tema 2: Operacións básicas:
            Tipos de datos.
            Variables.
            Estrutura de datos (matrices e vectores).

Tema 3. Programación:
            Condicións, bifurcacións e bucles.
            Funcións e scripts.

Tema 4: Gráficos:
            2D.
            3D.

Tema 5. Complementos e librarías.

Tema 6. GNU Octave avanzado.

Impartido en

Modalidade virtual.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que superen a actividade formativa.

Cada un dos temas consta dunha parte teórica, onde se detallan os procedementos para traballar coas diferentes opcións de Octave. Ao final de cada tema hai unha proba de autoavaliación.  E ao final do curso existe unha proba final. A plataforma mide o tempo de conexión de cada participante, criterio que será tido en conta á hora da avaliación final:

Participación (10 horas de conexión como mínimo): 10%.
Probas de autoavaliación por tema: 50%.
Proba final: 40 %.

Profesorado

Miguel Ángel Rodríguez Muíños

Técnico Informático da Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia.
É formador con ampla experiencia en software científico e de análise de datos. É membro fundador da Comunidade R-Hispano (Asociación de usuarios/as de R de España)e
das Xornadas de Usuarios de R en Galicia; e administra  R-Help-es (listaxe de correo de R en castelán).
Tamén coordina o Proxecto EpiLinux (distribución científica de Linux) e do Proxecto BioStatFLOSS (recompilación de software libre de uso bioestatístico).

María Dolores Abilleira (titora)

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos