Competencias transversais para o desenvolvemento persoal e profesional (Campus de Vigo)

Información do curso

Competencias transversais para o desenvolvemento persoal e profesional (Campus de Vigo)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPCOM18VI
Nome Competencias transversais para o desenvolvemento persoal e profesional (Campus de Vigo)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 20
Descrición

As competencias transversais son aquelas xenéricas e comúns para a maioría das profesións e que se relacionan coa posta en práctica integrada de aptitudes, trazos da personalidade, coñecementos e valores adquiridos. Esta actividade formativa ten como finalidade afondar no desenvolvemento das competencias transversais para o desenvolvemento persoal e profesional (autoestima, empatía, asertividade, traballo en equipo, resolución de conflitos...).

Este curso enmárcase dentro do MEET-Uvigo (https://goo.gl/XctGJE).

Esta acción formaría parte dunha serie de actividades encamiñadas á xeración dun equipo para seguir desenvolvendo o MEET-Uvigo. Formaranse ás persoas que desexen participar en competencias e diferentes tarefas relacionadas con este modelo de mentoría.

 

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Competencias transversais para o desenvolvemento persoal e profesional insírese dentro das actividades formativas institucionais para o persoal docente da Universidade de Vigo para o ano 2018. O curso está organizado pola Área de Formación e Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 04/07/2018 12:00 - 15/10/2018 23:59
Período de docencia 06/11/2018 - 20/11/2018

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte persoal da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Investigador contratado: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

Obxectivos

  • Que as persoas que participen poidan mellorar as súas competencias transversais.
  • Adquirir ferramentas para a posta en práctica no seu traballo.

Calendario

6, 7, 13, 14 e 20 de novembro de 16 a 20 horas.

Programa

  1. Que son as competencias transversais.
  2. Aplicación para o desenvolvemento persoal e profesional.
  3. Competencias da intelixencia emocional:
    -Autocoñecemento.
    -Autoestima.
    -Asertividade.

  4. Competencias da intelixencia social:
    -Liderado e autoliderado.
    -Traballo en equipo.
    -Empatía.
    -Comunicación.

Impartido en

Campus de Vigo. Salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan ao 80% do curso.

Profesorado

María Belén Varela Romero

Avogada e especialista na dirección de persoas. A súa traxectoria directiva inclúe multinacionais do sector servizos, alimentación e automoción. Formou parte dos comités de relacións laborais de ANFACO e CEAGA e é presidenta de AEDIPE (Asociación Española de Dirección e Desenvolvemento de Persoas) en Galicia.
Nos últimos anos dedicouse ao estudo do comportamento humano nas organizacións e a explorar o campo das fortalezas humanas e o benestar subxectivo. É autora de La rebelión de las moscas. Reflexiones, principios y pautas para una organización optimista.
Na actualidade é profesora en varias escolas de negocios e imparte cursos e conferencias sobre a xestión do optimismo, liderado e fortalezas para a felicidade.

Carmen Vázquez de Prada

Teresa Molezún

 

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos