Introdución práctica ao Flipped Learning: bases do modelo, deseño da aprendizaxe e ferramentas para implementalo (Modalidade virtual)

Información do curso

Introdución práctica ao Flipped Learning: bases do modelo, deseño da aprendizaxe e ferramentas para implementalo (Modalidade virtual)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPFLIPP18VIR
Nome Introdución práctica ao Flipped Learning: bases do modelo, deseño da aprendizaxe e ferramentas para implementalo (Modalidade virtual)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 20
Descrición

A actividade formativa busca a experimentación e aplicación de coñecementos a través de actividades que implican o uso dos conceptos pedagóxicos e ferramentas Flipped Learning.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 812 035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Introdución práctica ao flipped learning: bases do modelo, deseño da aprendizaxe e ferramentas para implementalo insírese dentro das actividades formativas institucionais para o persoal docente da Universidade de Vigo para o ano 2018. O curso está organizado pola Área de Formación e Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 03/07/2018 12:00 - 19/10/2018 23:59
Período de docencia 05/11/2018 - 23/11/2018

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 25

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte persoal da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Investigador contratado: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

Obxectivos

  • Analizar o modelo Flipped Learning.
  • Detectar prácticas relacionadas co Flipped Learning coa competencia dixital.
  • Aplicar ferramentas para a creación e distribución de contidos docentes dixitais.
  • Ser quen de aplicar a aprendizaxe ubicua e mobile learning.

Calendario

Do 5 ao 23 de novembro.

Programa

  • Que é a Flipped Learning e por que usalo.
  • Principios básicos do Flipped Learning: modelo FLIPTM e alternativas.
  • A relación do Flipped Learning coa competencia dixital.
  • Deseño de unidades de aprendizaxe: un modelo baseado en IMS.
  • O LMS como centro organizador do curso: Moodle e alternativas.
  • Ferramentas para a creación e distribución de contidos docentes dixitais.
  • Ferramentas para a curación de contidos docentes.
  • Aprendizaxe ubicua e mobile learning.

Impartido en

Modalidade virtual.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que superen o 80% das probas de avaliación.

Profesorado

Alberto Dafonte Gómez

Profesor do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade e coordinador do Grupo de Innovación Docente Medios Dixitais e Aprendizaxe Participativa. Máster en Educación e TIC (UOC), Doutor en Publicidade e Relacións Públicas e Licenciado con grao en Comunicación Audiovisual (Uvigo).

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos