Coñécete a ti mesmo/a: o teu proxecto profesional

Información do curso

Coñécete a ti mesmo/a: o teu proxecto profesional


Tipo Taller
Código AEE.18.01.OU
Nome Coñécete a ti mesmo/a: o teu proxecto profesional
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Mixta (Presencial e virtual)
Horas 5.5
Descrición

Como non só a adecuación das candidaturas aos perfiles profesionais demandados polo mercado laboral inflúe no éxito do proceso de inserción, senón que a habilidade cara a busca de emprego tamén o facilita, a AEE organiza accións formativas para facilitar a aprendizaxe e o desenvolvemento desas habilidades. Algunhas das súas temáticas son: diagnóstico da empregabilidade; recursos e habilidades para a busca de emprego; o proceso de selección; traballar en Europa; competencias transversais e fomento do autoemprego.

Este obradoiro céntrase na necesidade de autocoñecernos para poder establecer un obxectivo profesional que guía a nosa busca de emprego e así aumentar as súas probabilidades de éxito.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986130110/986812136
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Mª Reyes Fernández González. Área de Emprego e Emprendemento

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 15/06/2018 09:00 - 05/07/2018 23:59

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Estudantes a punto de rematar os seus estudos ou titulados/as da Universidade de Vigo

Obxectivos

  • Facilitar a aparición de actitudes positivas en relación coa busca de emprego a partir do desenvolvemento dos recursos persoais.
  • Aprender a analizar o mercado de traballo, tendencias e situación actual.
  • Ofrecer estratexias para definir o obxectivo profesional, a partir da identificación das propias competencias.

Realizar un análise do grao de empregabilidade persoal atendendo ás características do mercado de traballo e ao perfil profesional e persoal.

Condicións de acceso

Ser estudante ou titulado da Universidade de Vigo

Criterios de selección

Por rigoroso orde de inscrición

Calendario

- Sesión presencial: 10 de xullo de 2018, de 9 a 11 horas, na aula 1.3 do Edificio de Ferro do campus de Ourense

- A parte non presencial consistirá na elaboración dun pequeño proxecto profesional de busca de emprego, e poderá entregarse ata o 22 de xullo de 2018.

Modo de pagamento

Gratuíto

Impartido en

Aula 1.3. Edificio de Ferro. Campus de Ourense.

Profesorado

Mª Reyes Fernández González. Técnica Superior en Orientación Laboral. Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo.

Sistema de avaliación

As persoas inscritas recibirán un diploma de asistencia que lles permitirá ter un recoñecemento por 5.5 horas, sempre que asistan (2h.) e entreguen en prazo e forma o traballo correspondente a parte non asistencial (3.5 h.)

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos